Alfonso Vázquez Martínez
Alfonso Vázquez Martínez, nado en Arbo o 10 de xuño de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1976, foi un historiador e publicista galego, que colaborou amplamente no Seminario de Estudos Galegos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1906 Arbo, España |
Morte | 11 de novembro de 1976 (70 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Membro de | |
Familia | |
Pai | José Vázquez Estévez |
Traxectoria
editarFillo de José Vázquez Estévez. Foi profesor auxiliar de paleografía e diplomática na Universidade de Santiago de Compostela, e catedrático no Instituto Escola de Vilalba (1934-1936, sendo o seu primeiro director), e no Instituto de Ourense. Durante a súa carreira profesional compatibilizou a docencia coa investigación, centrándose sobre todo na Comarca do Medio e Baixo Miño. Colaborou coa revista Nós e noutras revistas especializadas, e publicou o ensaio La lamprea del río Miño (1962). Participou tamén no emisión galega na BBC levada a cabo durante o franquismo.
Obras
editar- Biografía de Don Mauricio Troncoso y Sotomayor. Abad de Villar de Crecente e del Couto. Guerrillero gallego de la Independencia: 1771-1817, 1941.
- Documentos pontificios de Galicia: 1088-1341, 1941.
- El abad de Valladares: D. Juan Rosendo Arias Enríquez, 1956.
- Cartas de Felipe II al Licenciado Antolínez: 1579-1586, 1975.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfonso Vázquez Martínez |