Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

área protexida de Galicia

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera[1] declarada o 28 de maio de 2013[2], que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas[3].

Modelo:Xeografía físicaReserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Imaxe
TipoReserva da biosfera Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAbegondo, España, Aranga, España, Arteixo, España, Bergondo, España, Betanzos, España, Cambre, España, Carral, España, Coirós, España, Culleredo, España, Curtis, España, Irixoa, España, Miño, España, Oleiros, España, Oza-Cesuras, España, Paderne, España, Sada, España e Sobrado, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDesenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos. San Marcos, Abegondo, s/n 15318 Abegondo (A Coruña). Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°12′N 8°18′O / 43.2, -8.3
Características
Punto máis altoSerra da Cova da Serpe Editar o valor en Wikidata
Superficie116.724,3 ha Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación2013 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmarinasbetanzos.gal Editar o valor en Wikidata

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.

Xeografía

editar
 
A bacía do río Mero (azul escuro) no conxunto das bacías do Arco Ártabro

A reserva da biosfera está formada esencialmente polas bacías de dous ríos principais, o Mero e o Mandeo e mais polo litoral das rías de Betanzos e A Coruña (coa excepción do propio termo municipal da Coruña). Así, abrangue áreas costeiras e de montaña; a súa altitude máxima está no monte da Cova da Serpe (841 m).

A extensión da reserva supón un 3,85% da Comunidade Autónoma de Galicia[4]. Administrativamente, o territorio pertence a un total de 176 parroquias dos seguintes concellos:

Demografía

editar

Segundo o IGE, en 2011 a poboación da reserva era de 189.902 habitantes, cunha densidade media de 167 hab/km². Isto supón unha densidade maior á media galega, o que se explica polo feito de a reserva estar na área de influencia da cidade da Coruña. Porén, hai que reparar nas grandes diferenzas na densidade dos diversos concellos segundo a súa proximidade á Coruña, cunha densidade máxima en Oleiros (780,1 hab/km²) e mínima en Sobrado (17,3 hab/km²). Tendo en conta estes datos, pódense distinguir tres áreas:

  • Área suburbana, conformada polo primeiro anel metropolitano da Coruña. Trátase dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.
  • Área rururbana, conformada polos concellos de Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral.
  • Área rural, conformada polos concellos de Aranga, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne e Sobrado.

Espazos protexidos

editar

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000. Conta cos ZECs de Betanzos - Mandeo, o Encoro de Abegondo - Cecebre, a Costa de Dexo (tamén declarada monumento natural) e tamén o tramo arteixán da Costa da Morte. Ademais, conta coas novas propostas LIC na rede do esteiro do río Baxoi, as brañas do Deo a Serra da Cova da Serpe.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar