Reme de Arriba, Covelas, Ribadeo

Coordenadas: 43°29′43.3″N 7°04′10.3″O / 43.495361, -7.069528

Reme de Arriba é unha pequena aldea situada no leste da parroquia de Covelas no concello de Ribadeo, por ela pasa o río Grande e o río Pequeno que desembocan na Ría de Ribadeo. A localidade está formada por 4 casas con 11 veciños.

Reme de Arriba
ParroquiaCovelas
ConcelloRibadeo
Poboación11 hab. (2015)

FaunaEditar

A súa fauna é moi prezada: destacan os raposos, xabarís e corzos. Ademais hai case todos os tipos de animais domésticos. Destes os que máis destacan son as vacas e os porcos, habendo tamén coellos e galiñas.

FloraEditar

Nos montes de Reme de Arriba domina de forma case exclusiva o eucalipto entre o que hai tímidas manchas de pino. Existen algunhas plantacións de castiñeiros así como unha carballeria enriba do río Grande.

HistoriaEditar

Reme de Arriba era propiedade dun único dono que vendeu aos actuais veciños. No río Grande, no lugar coñecido como A Veneira cargábase madeira traída dos montes próximos, en barcas aproveitando a baixamar. Logo, unha vez que subía a marea, estas barcas saían con diferentes destinos. Tamén se cargaba mineral de ferro traído das minas de Vilela, todo isto era transportado en carros tirados de bois ou vacas. Este transporte deixou de facerse debido a construción da ponte de FEVE de Reme de Abaixo que, ao ser moi baixa, non deixa paso as embarcacións. Nos anos 60 do século XX, construíuse nas inmediación unha planta de procesado de leite, que chegou a empregar unhas cincuenta persoas. Logo de sucesivas compras e vendas, acabou sendo pechada por Renny-Picot na década dos 90 . Desde mediados dos setenta, as catro explotacións agrarias especializáronse en vacún de leite, chegando a sumar arredor de 60 cabezas. Dende principios do século XXI xa non queda ningunha explotación profesional, sendo case toda a produción, tanto de gando como de horta, para autoconsumo.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CovelasEditar

Lugares da parroquia de Covelas no concello de Ribadeo (Lugo)

As Anzas | Os Batais | A Cabana | A Capela | Os Carboeiros | A Casa da Hedra | Celeirós | O Esfolado | Marelle | O Mondigo | A Ponte | O Pousadoiro | Reme de Arriba | Sa | Salcedo | San Vicente | A Silveira | Somo | O Vilar | Vilela

Parroquias de RibadeoEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)