Rally Cidade de Narón

proba automobilística
(Redirección desde «Rally Internacional Narón Indunor»)

O Rally Cidade de Narón é unha proba de rally que se disputa nos arredores de Narón na provincia da Coruña, dende 1988 e forma parte do calendario da Copa de España de Rallys de Asfalto.

Saída do 27º Rally de Narón na rúa Cataluña.

O rally é levado a cabo pola escudaría Siroco Team Narón, fundada en 1984 e na que formaba parte da directiva Germán Castrillón, que gañaría posteriormente a proba en cinco ocasións.[1] No seu inicio era unha das probas do Campionato de Galicia de Rallys de Terra, ata que no ano 1994 entrou no calendario do certame sobre asfalto, do que formou parte ata 2019. En 1998 a proba obtén o máximo coeficiente que mantén na actualidade.[1]

O piloto máis laureado da proba é Manuel Senra, con oito vitorias, seguido por Germán Castrillón con cinco e Pedro Burgo con catro.

Palmarés[2] editar

Ano Edición Piloto Copiloto Automóbil Campionato
1988 1º Rallye Sprint Narón   Serafín Oitabén   Francisco Alonso Citroën Visa Galicia Terra
1989 2º Rally Narón   José Caamaño   José Manuel Valeiro Citroën Visa 1000 Pistas Galicia Terra
1990 3º Rally Narón   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI Galicia Terra
1991 4º Rally Narón Memorial Tino Cao   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI Galicia Terra
1992 5º Rally Narón Memorial Tino Cao   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI Galicia Terra
1993 6º Rally Narón Memorial Tino Cao   José Alonso   Agustín Rodríguez Citroën AX 4x4 Galicia Terra
1994 7º Rally Narón Memorial Tino Cao   Javier Azcona   Juan Louro Renault Clio Williams Galicia
1995 8º Rally Narón Memorial Tino Cao   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth Galicia
1996 9º Rally Narón   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth Galicia
1997 10º Rally Narón   Javier Piñeiro   Manuel Ferreiro Renault Clio Maxi Galicia
1998 11º Rally Narón Indunor   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Mitsubishi Lancer Evo VI Galicia
1999 12º Rally Narón Indunor   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Mitsubishi Lancer Evo VI Galicia
2000 13º Rally Narón Indunor   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Mitsubishi Lancer Evo VI Galicia
2001 14º Rally Internacional Narón Indunor   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car Galicia
2002 15º Rally Internacional de Narón   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car Galicia
2003 16º Rally Narón   "Bamarti"   Manuel Campos Mitsubishi Lancer Evo VI Galicia
2004 17º Rally Narón   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car Galicia
2005 18º Rallye Cidade de Narón Grupo Unisa   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car Galicia
2006 19º Rallye Cidade de Narón Credimotor Financiera   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car Galicia
2007 20º Rallye Cidade de Narón   Pedro Burgo   Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo VIII Galicia
2008 21º Rallye Cidade de Narón   Pedro Burgo   Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo VIII Galicia
2009 22º Rallye Cidade de Narón   Pedro Burgo   Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo VIII Galicia
2010 23º Rallye Cidade de Narón   Alberto Meira   Álvaro Bañobre Mitsubishi Lancer Evo X Galicia
2011 24º Rallye Cidade de Narón   Pedro Burgo   Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo Galicia
2012 25º Rallye Cidade de Narón   Luis Vilariño   Ramón López Mitsubishi Lancer Evo X Galicia
2013 26º Rallye Cidade de Narón   Luis Vilariño   Ramón López Mitsubishi Lancer Evo X Galicia
2014 27º Rallye Cidade de Narón   Iván Ares   Álvaro Bañobre Porsche 911 GT3 Galicia
2015 28º Rallye Cidade de Narón   Alberto Meira   Javier Varela Mitsubishi Lancer Evo X R4 Galicia
2016 29º Rally Cidade de Narón   Alberto Meira   David Vázquez Mitsubishi Lancer Evo X R4 Galicia
2017 30º Rally Cidade de Narón   Víctor Senra   David Vázquez Ford Fiesta R5 Galicia
2018 31º Rally Cidade de Narón   Víctor Senra   David Vázquez Ford Fiesta R5 Galicia
2019 32º Rally Cidade de Narón   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Galicia
2021 33º Rally Cidade de Narón   Óscar Palacio   José Murado Ford Fiesta Rally2 Copa de España

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Historia Rally de Narón". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  2. "Palmarés". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar