Raí

futbolista brasileiro
(Redirección desde «Raí Souza Vieira de Oliveira»)

Raí Souza Vieira de Oliveira, coñecido simplemente como Raí, nado en Ribeirão Preto o o 15 de maio de 1965, é un exfutbolista brasileiro que xogaba como centrocampista ofensivo.

Raí
Información persoal
Nome Raí Souza Vieira de Oliveira
Nacemento 15 de maio de 1965
Lugar de nacemento Ribeirão Preto
Altura 1,89 m.
Posición Centrocampista ofensivo
Carreira xuvenil
Botafogo de Ribeirão Preto
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1987 Botafogo de Ribeirão Preto
1986 Ponte Preta 10 (1)
1987–1993 São Paulo 257 (83)
1993–1998 Paris Saint-Germain 147 (51)
1998–2000 São Paulo 51 (8)
Selección nacional
1987–1998 Brasil 49 (17)
Na rede
IMDB: nm1245620 Allocine: 856084
FIFA: 76828 UEFA: 22157 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Pasou a maior parte dos seus 15 anos de carreira no São Paulo e no Paris Saint-Germain,[1] gañando 10 títulos entre os dous equipos e marcando preto de 200 goles. É considerado por afeccionados, xornalistas e xogadores como a maior lenda do Paris Saint-Germain a pesar do seu período relativamente curto no club.[2][3] É irmán menor do famoso exfutbolista brasileiro Sócrates.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Nacido en Ribeirão Preto, São Paulo, comezou a súa carreira no Botafogo de Ribeirão Preto. En agosto de 1986 foi cedido ao Ponte Preta, co que debutou na Serie Abrasileira, cun gol na vitoria por 4-0 ante o Sergipe.[4] Con todo, unha fractura nun pé impediulle disputar máis de 10 encontros e o equipo acabou descendendo.[4]

São Paulo editar

Para a tempada 1987 fichou polo São Paulo, co que debutou o 18 de outubro, despois de superar unha lesión. Xogou no club paulista durante os seguintes sete anos, conseguindo como primeiros títulos os Campionatos Paulistas de 1987 e 1989, e destacou especialmente trala chegada de Telê Santana ao banco.[5] En 1991, cun equipo no que xogaban, entre outros, Zetti, Cafu, Ricardo Rocha, Leonardo ou Müller, o São Paulo conquistou o terceiro Campionato Brasileiro da súa historia, tras superar na final ao Bragantino de Mauro Silva. Ese mesmo ano o equipo proclamouse campión do Campeonato Paulista, con Raí como máximo goleador do torneo, con 20 tantos.

En 1992 foi peza destacada do equipo do São Paulo que gañou a primeira Copa Libertadores da súa historia. Marcou o único gol do partido de volta da final contra o Newell's Old Boys no Morumbi, empatando o gol de Berizzo no encontro de ida, e levando a eliminatoria á quenda de penaltis. Anotou o primeiro dos lanzamentos dende os 11 metros e o seu equipo gañou por 3-2. Gañou tamén o Paulista, marcando un triplete no partido de ida da final ante o Palmeiras,[6] e consagrouse definitivamente uns días despois, coa súa actuación na Copa Intercontinental fronte ao Barcelona de Cruyff no Estadio Nacional de Toquio, marcando os dous goles do seu equipo para proclamarse campión mundial (2-1). Foi elixido Futbolista Suramericano do Ano polo xornal suramericano El País.[7]

Na seguinte tempada, o São Paulo revalidou o seu título da Libertadores e Raí volveu marcar na final ante o Universidad Católica chileno.[8]

París Saint-Germain editar

En xuño de 1993 foi traspasado ao Paris Saint-Germain francés por 4,6 millóns de dólares, aínda que permaneceu no São Paulo ata finais de ano.[9] Disputou co club parisiense a segunda metade da tempada 1993/94, contribuíndo con seis goles a que o equipo gañase o título da Ligue 1 por segunda vez na súa historia. Na seguinte campaña conquistou a Copa de Francia e a Copa da Liga, marcando un dos goles na final desta última ante o SC Bastia (2–0).[10][11]

Foi tamén esencial para que o conxunto de Luis Fernández conquistase a Recopa de Europa 1995-96, anotando dous goles no partido de volta dos cuartos de final contra o Parma para culminar a remontada tras perder 1-0 na ida. Despois de eliminar o Deportivo da Coruña nas semifinais,[12][13] foi titular na final contra o Rapid Wien no estadio Rei Balduíno de Bruxelas, onde os franceses se proclamaron campións.[14] Na campaña 1997/98 marcou tanto na final da Copa da Liga como na final da Copa de Francia, contra Bordeaux e Lens respectivamente, gañando o PSG ambos títulos.[15][16]

Regreso a São Paulo editar

En 1998, con 33 anos, regresou ao São Paulo, club no que se retirou dous anos despois.

Selección brasileira editar

Foi 49 veces internacional coa selección brasileira, coa que debutou en 1987, e ese mesmo ano disputou a súa primeira Copa América.

Foi un dos elixidos por Carlos Alberto Parreira para disputar co Brasil o Mundial de 1994. Capitaneou o equipo na fase de grupos e marcou un gol de penalti no primeiro partido, unha vitoria por 2-0 contra Rusia, despois de que Romário fose derrubado na área. Con todo, foi culpado do mal xogo do equipo e na fase de eliminatorias a capitanía foi para Dunga.[17] Saíu dende o banco nos cuartos de final contra os Países Baixos e nas semifinais ante Suecia, substituíndo en ambos casos a Mazinho. Non chegou a xogar a final, pero proclamouse xunto ao seu equipo campión do mundo tras derrotar á Italia de Arrigo Sacchi.[18]

Vida persoal editar

O seu irmán maior Sócrates tamén foi futbolista e centrocampista ofensivo. Do mesmo xeito que Raí, xogou no Botafogo de São Paulo e foi internacional co Brasil. Despois da súa retirada, Raí dedicou parte do seu tempo ao activismo social, participando en dúas organizacións filantrópicas.[8]

Palmarés editar

São Paulo

París Saint-Germain

Selección brasileira

Notas editar

  1. "Após 100º de Ceni, Raí eleva goleiro ao posto de ídolo máximo do Tricolor". O Globo (en portugués). 28 de marzo de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  2. "50 ans du PSG : Raí élu meilleur joueur de l’histoire du club" (en francés). 29 de setembro de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  3. "Raï meilleur joueur du PSG, devant Susic et Ronaldinho : de la difficulté de classer les légendes" (en francés). 30 de setembro de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Lesão, único gol e filhas esquecidas: os dias do são-paulino Raí na Ponte". O Globo (en portugués). 26 de novembro de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  5. "Como Telê tirou Raí do sério para transformar o camisa 10 em grande ídolo" (en portugués). 20 de setembro de 2022. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  6. "São Paulo Futebol Clube Matches – 1992". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  7. "South American Coach and Player of the Year". rsssf.org (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 "Where are they now? Rai". The Guardian (en inglés). 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  9. "A match made in heaven". FIFA (en inglés). 19 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  10. "PSG – Bastia 2-0, 03/05/95, Coupe de la Ligue 94-95". archivesparisfootball.wordpress.com (en francés). Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  11. "PSG – Strasbourg 1-0, 13/05/95, Coupe de France 94-95". archivesparisfootball.wordpress.com (en francés). Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  12. "El sueño europeo del Deportivo se desvaneció en París". La Región (en castelán). 19 de abril de 1996. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  13. "El sueño europeo del Deportivo se desvaneció en París". La Región (en castelán). 19 de abril de 1996. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  14. "Cup Winners' Cup 1995-96". rsssf.org (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  15. "PSG – Bordeaux 2-2 (4-2 tab), 04/04/98, Coupe de la Ligue 97-98". archivesparisfootball.wordpress.com (en francés). Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  16. "PSG – Lens 2-1, 02/05/98, Coupe de France 97-98". archivesparisfootball.wordpress.com (en francés). Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  17. "WORLD CUP '94; Brazil's Rai Out of Lineup". The New York TImes (en portugués). 4 de xullo de 1994. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  18. "1994 FIFA World Cup USA". FIFA (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar