Mazinho
Iomar do Nascimento, coñecido como Mazinho, nado o 8 de abril de 1966 en Santa Rita (Paraíba), é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira.
Mazinho | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Iomar do Nascimento | ||
Nacemento | 8 de abril de 1966 (57 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santa Rita | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1983–1985 | Santa Cruz | ||
1985–1990 | Vasco da Gama | 79 | (7) |
1990–1991 | Lecce | 34 | (2) |
1991–1992 | Fiorentina | 21 | (0) |
1992–1994 | Palmeiras | 20 | (0) |
1994–1996 | Valencia | 71 | (0) |
1996–2000 | Celta de Vigo | 114 | (8) |
2000–2001 | Elche | 17 | (0) |
2001 | Deportivo Alavés | 15 | (0) |
2001 | Vitória | 15 | (0) |
Selección nacional | |||
1989–1994 | Brasil | 35 | (0) |
Adestrador | |||
2009 | Aris | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Iniciouse no Santa Cruz Futebol Clube. Despois xogou noutro equipo do seu país natal, o Vasco da Gama para logo estar dous anos en Italia e chegar a España fichado polo Valencia CF.
O seu seguinte equipo foi Real Club Celta de Vigo, no que xogou durante varias temporadas converténdose nun dos xogadores máis queridos pola afección celeste.
Aínda que tras deixar o Celta pasou por outros dous equipos españois (Elche CF e Deportivo Alavés) antes de decidir retirarse, seguiu vivindo en Vigo tras colgar as botas e mesmo chegou a crear unha escola de fútbol.
Selección nacional editar
Foi internacional coa Selección de fútbol do Brasil 35 veces (Xogadores con máis partidos na Selección de fútbol do Brasil
Carreira de adestrador editar
En xaneiro de 2009 foi presentado como novo adestrador do Aris Salónica FC, substituíndo ao español Quique Hernández.[1] Foi substituído polo ex-adestrador do Valencia CF Héctor Cúper en novembro de 2009.
Persoal editar
É o pai de Thiago Alcântara e Rafa Alcântara, xogadores do Liverpool FC e do Paris Saint-Germain respectivamente