Paris Saint-Germain FC
O Paris Saint-Germain Football Club, máis coñecido como PSG, é un club de fútbol francés, da cidade de París. Foi fundado en 1970 e xoga na Ligue 1 francesa.
Paris Saint-Germain | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Paris Saint-Germain Football Club | |||
Alcume(s) | PSG | |||
Fundación | 10 de xuño de 1970 (54 anos) | |||
Estadio | Parc des Princes, París, Francia | |||
Inauguración | 1897 (renovado en 1972 e 2012-2016) | |||
Capacidade | 48.712 | |||
Propietario | Qatar Investment Authority | |||
Presidente | Nasser Al-Khelaifi | |||
Adestrador | Luis Enrique | |||
Liga | Ligue 1 | |||
2020–21 | 2º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Na rede | ||||
http://www.psg.fr/ | ||||
| ||||
Estivo presente en Primeira División desde 1974, e obtivo no seu palmarés dous títulos de Liga, oito Copas de Francia, tres Copas de Liga e unha Recopa de Europa.
Historia
editarEn 1970 o equipo refúndase, xa que o antigo club, o Stade Saint-Germain fundado en 1904, desapareceu. O novo equipo chámase Paris FC, e un ano máis tarde debuta na Ligue 1 francesa. Máis adiante o equipo cámbiase o nome polo de Paris Saint-Germain Football Club. O club volveu ascender á Ligue 1, categoría na que permaneceu desde entón.
O equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia en 1982, e en 1986 consegue o seu primeiro título de Liga.
En 1996 o club consegue o seu primeiro título internacional, a Recopa de Europa, 5 anos despois, o PSG consegue levantar a súa segunda coroa europea, a Copa Intertoto, nunha emocionante final, na que tras empatar 0-0 na ida, logrou marcar un gol na visita ao Brescia italiano, que ao final terminou en empate, dándolle ao PSG o seu segundo título europeo, pola diferenza de goles fóra de casa.
As súas últimas tempadas na Liga foron bastante pobres e decepcionantes. Na tempada 2006-07 estivo a piques de descender á Ligue 2, pero grazas a unha importante remontada nas últimas datas finalizou no posto 15 salvando a categoría. Na tempada seguinte tamén estivo ao bordo de perder a categoría, pero se recuperou nos 4 últimos partidos sacando 2 vitorias e 2 empates e finalizando 16º. Unha loita na cal outros 2 equipos estiveron involucrados por non obter a terceira cota á Ligue 2 (18ª posición), Toulouse e Lens, este último terminaría descendendo.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta azul cunha raias finisimas en vertical vermellas e dúas branca, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca con bordeados vermellos, pantalón vermellos e medias brancas.
Estadio
editar- Artigo principal: Parc des Princes.
O PSG xoga como local desde xullo de 1974 no estadio Parc des Princes, inaugurado o 18 de xullo de 1897. Antigamente había un velódromo no seu interior. O estadio actual foi inaugurado en 1972. O arquitecto que o deseñou foi Roger Taillibert e na actualidade conta cunha capacidade de 48.712 persoas.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 31
- Tempadas en 2ª: 2
- Mellor posto na liga: 1º (1986 e 1994)
- Peor posto na liga: 16º (1972 e 2008)
- Adestradores importantes: Just Fontaine, Luis Fernández, Gérard Houllier, Artur Jorge, Georges Peyroche, Roger Quenolle.
Xogadores
editarCadro actual
editar- Actualizado o 20 de febreiro de 2015.
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Ligue 1 (3): 1985–86, 1993–94, 2012–13
- Ligue 2 (1): 1970–71
- Copa de Francia (8): 1981–82, 1982–83, 1992–93, 1994–95, 1997–98, 2003–04, 2005–06, 2009–10
- Copa da Liga (4): 1994–95, 1997–98, 2007–08, 2013–14
- Supercopa de Francia (2): 1995, 1998
- Subcampión da Ligue 1 (7): 1988–89, 1992–93, 1995–96, 1996–97, 1999–00, 2003–04, 2011–12
- Subcampión da Copa de Francia (4): 1984–85, 2002–03, 2007–08, 2010–11
- Subcampión da Copa da Liga (1): 1999–00
Torneos internacionais
editar- Recopa de Europa (1): 1996
- Copa Intertoto (1): 2001
- Subcampión da Recopa de Europa: 1997
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en francés)