Prebe (Terra Media)

poboación da Terra Media

Prebe (orixinal Bree) é unha pequena rexión en Eriador na Terra Media, mundo ficticio pertencente á obra de J. R. R. Tolkien.

A Pousada Abandonada, a unha xornada de marcha desde Prebe, polo Gran Camiño do Leste.

Na Terra Media sitúanse a aldea de Prebe, a vila de Entibo, Combe e Archet cerca do bosque de Chet. Alí habitan hobbits e homes e é o único lugar onde se dá tal convivencia. Os homes de Prebe disque descenden dos primeiros homes que viaxaron ao Oeste da Terra Media na Primeira Idade. Canto aos Hobbits, Prebe é a única das primitivas colonias de Hobbits que aínda subsisten en Eriador. Foi recoñecida como unha das terras creadas por Tolkien

PoboaciónsEditar

Aldea de PrebeEditar

Cando Rohan expulsou os homes salvaxes das Terras Brunas, unha parte deles fuxiu ao norte, onde se instalaron. Estes foron os antepasados dos habitantes de Prebe. A aldea de Prebe era a máis importante de todas as da zona.

Na aldea de Prebe os hobbits Frodo Bulseiro, Peregrin Tuc, Meriadoc Brandigamo e Samsagaz Gamllí coñeceron o famoso Alancadas n'«O Poni Rampante», a pousada do señor Orxeiro Manteiga. Deberon emprender unha loita contra os Nazgûl para fuxiren de alí.

Mentres que na novela se retrata a Prebe como unha aldea tranquila e apacíbel, chegando incluso Tom Bombadil a chamarlle «encantadora» (o que fai pensar que posibelmente estivo alí), na triloxía de Peter Jackson vémola como un lugar sombrío, escuro e sucio. Na versión animada de Ralph Bakshi dáselle un aspecto moral máis parecido ao da novela.

ArchetEditar

Era o máis remoto dos asentamentos das terras de Prebe. Estaba situada entre as árbores do bosque de Chet, un pouco ao leste de Prebe. Alí vivían uns poucos hobbits, pero os habitantes que predominaban eran os homes.