Abrir o menú principal

Terra Media

terras ficticias onde transcorren algunhas das historias de J. R. R. Tolkien

A Terra Media son as terras 'mortais' ficticias onde transcorren algunhas das historias de J. R. R. Tolkien, diferentes de Aman ou as Terras Imperecedoiras, onde viven os Valar xunto á maioría dos Altos Elfos. A orixe do termo é unha tradución do middel-erde en inglés medio, que evolucionou do middangeard do inglés antigo.

Tolkien dixo que a súa Terra Media é a nosa Terra, pero nun período dun pasado ficticio, estimando a fin da Terceira Idade en aproximadamente 6.000 anos antes do século XX.[1]

A historia da Terra Media de Tolkien está dividida en varias idades. O conto longo O Hobbit e practicamente a totalidade d'O Señor dos Aneis narran exclusivamente acontecementos do final da Terceira Idade e este remata co inicio da Cuarta Idade, mentres que O Silmarillion trata principalmente sobre a Primeira Idade.

Períodos HistóricosEditar

NotasEditar

  1. (Cartas, n.º 211, nota a pé de páxina)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Arda

Ligazóns externasEditar