Tom Bombadil

personaxe do legendarium de J. R. R. Tolkien

Tom Bombadil é un personaxe do legendarium de J. R. R. Tolkien. Apareceu por primeira vez no poema de 1934 titulado The Adventures of Tom Bombadil, que tamén conta cos personaxes da obra O Señor dos Aneis como Bagadouro (a muller de Tom), o vello Home Salgueiro (unha árbore malvada do Bosque Vello) e as Criaturas das Antas, das cales Tom rescata os hobbits.[1] Daquela non formaban parte explícita das lendas máis antigas que se converterían no Silmarillion, e non é mencionado no Hobbit.

Bombadil é coñecido pola súa aparición como personaxe secundario na obra épica e de fantasía de Tolkien O Señor dos Aneis, publicada en 1954 e 1955. No primeiro volume, A Irmandade do Anel, Frodo Bulseiro e compañía coñecen a Bombadil no Bosque Vello. Esta idea e a aparición do vello Home Salgueiro e das Criaturas das Antas incluíronse nalgunhas das primeiras notas de Tolkien fixo para unha secuela d' O Hobbit.[T 1] Bombadil é mencionado mais non é visto preto do final d' O Regreso do Rei, con Gandalf planeando facerlle unha longa visita.

Bombadil foi omitido na triloxía cinematográfica de Peter Jackson, no filme de 1978 e nas adaptacións radiofónicas, xa que non é unha parte esencial da historia. Os comentaristas debateron sobre o papel e as orixes de Tom Bombadil. Unha fonte probable é o semideus Väinämöinen do poema épico finlandés de 1849 "Kalevala", con moitos puntos de semellanza. Os eruditos observaron que el é o espírito dun lugar, un genius loci.

Fontes primarias

editar
Esta lista identifica a localización de cada elemento nos escritos de Tolkien.

Fontes secundarias

editar
  1. The Oxford Magazine, 1934, citado en The History of Middle-earth, volume 6, páxina 116

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar