Guerra do Anel
A Guerra do Anel é unha guerra ficticia que se narra na novela O Señor dos Aneis do escritor británico J. R. R. Tolkien. É unha serie de acontecementos e batallas pelexadas entre os pobos libres da Terra Media contra Sauron o Maia. Estes acontecementos toman lugar entre o ano 3018 e o 3019 da Terceira Idade do Sol.
Guerra do Anel | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
O Anel Único coa súa inscrición en lingua negra. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Gondor Rohan Arnor Lothlórien Erebor Dale Esgaroth Fangorn A Comarca Bosque Escuro Mithlond Valfendido |
Mordor Isengarda Harad Minas Morgul Moria Rhûn Khand Dunland Umbar Dol Guldur | ||||||
Líderes | |||||||
Gandalf Aragorn Denethor II Théoden Galadriel Celeborn Thranduil Elrond Dáin II Pé de Ferro Brand Imrahil Bárbore |
Sauron Rei Bruxo de Angmar Saruman Gothmog | ||||||
Forzas en combate | |||||||
irmandade do Anel Ents As aguias Feudos de Gondor Drúedain Hobbits Dúnedain Rohirrim Gondorianos Beórnidas Exército dos Mortos Total:50.000 |
Orcos Uruk-hai Semiorcos Lobos de Isengarda Troles Semitroles Homes de Harad Homes de Rhûn Homes de Khand Olifantes Nazgûl Corsarios de Umbar Total: 450.000 |
Introdución
editarTodo comezou coa forxa dos Aneis de Poder. Tres foron para os elfos, sete para os ananos, e nove para os homes, pero Sauron forxou en segredo o Anel Único, un anel que tiña o poder de controlar a todos e atalos nas tebras.
Na última batalla da Guerra da Última Alianza entre Elfos e Homes, Isildur cortoulle o dedo a Sauron coa espada Narsil e este desvaneceuse. Círdan e Elrond aconsellaron a Isildur botar o Anel ós lumes de Orodruin, pero Isildur non o fixo porque dixo que o conservaría como prenda da vitoria. Isildur marchou ata Minas Anor e logo foise ó Norte, cara Arnor, mais polo camiño, uns orcos fixéronlle unha emboscada a el e ós seus compañeiros e Isildur foi asasinado e o Anel perdeuse no Anduin.
O Anel pasou anos no río, ata que un día, un pequeno pescador, chamado Déagol, pertencente á raza dos Hobbits, descubriu algo brillante no río e colleuno. O seu amigo Sméagol pediullo como agasallo polo seu aniversario. Déagol negouse e ambos empezaron a pelexar, pero Sméagol, acabou matándoo. Sméagol foi expulsado da súa aldea, e refuxiouse nas Montañas Bretemosas, ata que foi consumido polo Anel e se converteu en Gollum.
Anos máis tarde, na expedición para recuperar Erebor, o hobbit Bilbo Bulseiro quitoullo a Gollum do seu agocho nas Montañas Bretemosas. Ó rematar a aventura, Bilbo levou consigo o Anel ata o seu fogar de Hobbiton na Comarca, e alí o mantivo en segredo durante 60 anos, ata que un día llo deixou ó seu sobriño Frodo Bulseiro.
Batallas de Rohan
editarBatallas de Gondor
editar- Batalla de Osgiliath: Oficialmente, a Guerra do Anel comeza en xuño do ano 3018 da Terceira Idade cun ataque dos exércitos de Mordor contra Osgiliath. Sauron tiña dous obxectivos, que os Nazgûl cruzaran o Anduin na busca do Anel Único, e probar a forza de Gondor. Boromir rexeitou entón o ataque e derribou a ponte, deixando unha gornición na beira oeste. O 11 de marzo de 3019, Faramir é enviado por Denethor II a defender Osgiliath. As forzas de Sauron levaban moito tempo construíndo balsas e pontes en segredo. O 12 de marzo, un exército proveniente de Minas Morgul, coa axuda dos haradrim, atacou a cidade, cruzando o Anduin. Faramir, vendo que non podían gañar a batalla, ordenou a retirada a Minas Tirith.
- Sitio de Minas Tirith: O sitio de Minas Tirith durou dende a noite do 13 de marzo de 3019 T. E. ata o amencer do 15 de marzo dese mesmo ano. O sitio comezou cando o exército do Señor dos Nazgûl abriu fendas no Rammas Echor e varreu o Pelennor, empurrando ás forzas de Gondor a Minas Tirith. O 14 de marzo as catapultas incendiaron o primeiro nivel da cidade e os Nazgûl desmoralizaron ós defensores. Ó día seguinte, antes do amencer, o Rei Bruxo rompeu a porta de Minas Tirih, pero antes de que puidese entrar, os Rohirrim chegaron a Pelennor, obrigando ó Rei Bruxo a irse.
- Batalla dos Campos de Pelennor
- Cabalgada da Compañía Gris
Batallas dos Elfos
editar- Asedio a Lothlórien: O 11 de marzo de 3019 T. E., orcos de Dol Guldur apareceron en Lothlórien dispostos a aniquilar o bosque. Pero grazas á axuda da dama Galadriel e ó sixilo dos elfos, os orcos foron expulsados. O 15 de marzo, ó mesmo tempo que o ataque ó Bosque Escuro, os orcos fixeron unha nova ofensiva, pero víronse obrigados a retirarse. O terceiro e derradeiro ataque foi realizado o 22 de marzo, no cal os orcos foron derrotados outra vez.
- Batalla do Bosque Escuro: A batalla do Bosque Escuro, tamén chamada Batalla baixo as árbores, foi unha importante e prolongada serie de batallas. Os orcos de Dol Guldur intentaron tomar o Bosque Escuro e expulsar ós elfos de alí, pero foron rexeitados.
- Asedio a Dol Guldur: Despois dos ataques de Lothlórien e do Bosque Escuro, as forzas dos dous bosques dirixíronse cara Dol Guldur dispostas a destruíla. As forzas de Lothlórien, comandadas por Celeborn e Galadriel cruzaron o Anduin e foron a Dol Guldur. alí atopáronse coas tropas de elfos do Bosque Escuro, comandados por Thranduil. Os elfos mataron a tódalas hostes de Dol Guldur, asolaron os seus pozos e Galadriel encargouse de derrubar os seus muros.
Batallas dos Ananos
editar- Batalla de Dale
- Sitio de Erebor: Despois de tres días de loitas, os homes de Dale e os ananos de Erebor víronse obrigados a retirarse ata a Montaña Solitaria. Un grupo de ananos e homes comandados por Brand e Dáin loitaron ante a porta de Erebor. Nesa loita morreron Brand e Dáin. Os homes e ananos resistiron varios días na montaña, ata que chegaron novas da destrución de Sauron e os orientais perderon a moral. Nese momento, Thorin III Helmo de Pedra, rei de Erebor, e Bardo II, rei de Dale, saíron co seu exército e expulsaron ós orientais das súas terras.
Outras Batallas
editar- Batalla do Morannon: Unha das últimas batallas da Guerra do Anel librouse no Val de Udun, ante a Porta Negra de Mordor. Despois da vitoria na Batalla dos Campos de Pelennor, os exércitos do Oeste marcharon á Porta Negra co fin de distraer a Sauron e darlle tempo a Frodo. O 25 de marzo de 3019 T. E. chega á Porta Negra un exército de sete mil homes con Aragorn á fronte deles. Outros personaxes importantes que se atopaban alí eran: Gandalf, Imrahil, Elladan, Elrohir, Éomer, Legolas, Gimli, Beregond e Pipin. Cando chegaron, a Boca de Sauron recibiunos, propoñéndolles unhas condicións, pero rexeitáronas e entón un grande exército de orcos, homes e troles saíu de Mordor. Os homes do Leste cargaron primeiro e dende os outeiros de Morannon baixou un exército de orcos. Na primeira liña defensiva estaban os fillos de Elrond rodeados de Dúnedain, e á súa dereita o Príncipe Imrahil cos seus cabaleiros. Durante a batalla, Pipin salvoulle a vida a Beregond, acabando cun trol que o ía matar. Os Nazgûl ocasionaban moitas baixas no exército occidental, pero de súpeto chegaron as Aguias, con Gwaihir e Landroval á cabeza. Cando o exército do ben estaba a piques de ser derrotado, o Anel Único foi destruído, e todo o que se fixera por obra del foi destruído e os seus servos rendéronse ou fuxiron.
Batallas dos Hobbits
editarConsecuencias
editarA Guerra do Anel tivo consecuencias en case toda a Terra Media. Grazas á derrota de Sauron, Aragorn puido chegar ó trono de Gondor e creou o Reino Unificado, converténdose así no rei Elessar. O Reino Unificado abarcaba Arnor, Gondor e estaban en alianza con Erebor e Dale.
En Rohan comezou a gobernar Éomer e as cavernas que estaban dentro de Cornoburgo, as Cavernas Escintilantes, foron habitadas por un grupo de Ananos liderados por Gimli. A torre de Orthanc confióuselle ós Ents.
Ó final da Terceira Idade do Sol, Galadriel, Elrond e Círdan partiron nun barco cara a Aman xunto con Gandalf, Bilbo e Frodo. Os fillos de Elrond, Elrohir e Elladan quedaron en Valfendido e Arwen casou con Aragorn. Despois da Guerra, Celeborn e Thranduil repartíronse o Bosque Negro, que pasou a chamarse Bosque Verde. Legolas, pola súa parte, foise cun grupo de elfos e formou unha colonia de elfos en Ithilien.
En Val, pasou a gobernar Bardo II, xa que o antigo rei, Brand, morrera na Batalla de Val. En Erebor, pasou a gobernar Thorin III, xa que o seu pai morrera tamén nesa batalla.
A Comarca seguiu coa súa feliz vida, pero cunha nova lei, ningún ser que non fose un hobbit podería pasar das súas fronteiras. Samsagaz Gamllí foi alcalde da Comarca durante moitos anos.