Abrir o menú principal
Estandarte de Rohan

Rohan é un dos reinos pertencentes ó mundo fantástico de O Señor dos Aneis (do británico J. R. R. Tolkien). É un país de guerreiros e gandeiros, localizado na zona central do noroeste da Terra Media, entre o río Anduin, o Isen e as Ered Nimrais. Os seus habitantes son os descendentes dos éothéod de Rhovanion, pobos criadores de cabalos que viviron durante os primeiros séculos da Terceira Idade en Eriador e que á súa vez descendían da Segunda Casa dos Edain que abandonaron Beleriand antes das dúas últimas grandes guerras contra Morgoth.

XeografíaEditar

Rohan é descrito por Tolkien como unha terra de pasteiros altos abaneados polo vento; en moitas ocasións Tolkien fai referencia a el como «un mar de pasteiros». Contra finais da Terceira Idade, durante a guerra do Anel, Rohan tiña unha área aproximada dun terzo dos territorios de Gondor e fora orixinalmente, baixo o nome de Calenardhon, unha provincia do reino do sur.

RexiónsEditar

O territorio de Rohan está organizado en tres circunscricións principais:

  • Estemnet (A Chaira do Leste): a gran rexión de pasteiros do reino, situada entre o río Onodló, as Ered Nimrais e a corrente do Nevado.
  • Oestemnet (A Chaira do Oeste): localízase entre o río, as Montañas Brancas e os cursos do Nevado e o Isen.
  • O Páramo: rexión situada entre o Bosque de Fangorn e o Anduin, ten como límite norte o río Limclaro, como fronteira sur o Onodló e linda ó oeste co propio Onodló e co bosque de Fangorn. Trátase dunha meseta de escasos recursos e a finais da Terceira Idade estaba practicamente deshabitada.

LímitesEditar

As fronteiras de Rohan están determinadas polos ríos Isen e Adorn ó oeste; ó sur as Montañas Brancas que o separan de Gondor; ó leste o río Anduin e a corrente do Mehring; e o Limclaro e o bosque de Fangorn ó norte.

CidadesEditar

A capital do reino é Edoras, ó pé das Ered Nimrais. "Edoras" é unha palabra en inglés antigo para "cerrume".[1] No seu punto máis elevado atópase o castelo dos reis, a sala do hidromel Meduseld ou Castelo de Ouro. O Meduseld é un grande edificio de tellado dourado que foi construído por Brego, fillo de Eorl, no ano 2569. No seu interior atópase o trono dourado do rei, grandes columnas recubertas de ouro e paredes con relevos das que colgan ricos tapices. Por riba de Edoras está O Sagrario, auténtico refuxio sagrado para os eotheod.

A segunda cidade máis importante é Hornburg, que está enclavada no Abismo de Helmo, conformando unha fortaleza practicamente inexpugnable. En Hornburg atópanse as estancias de Aglarond, as Cavernas Escintilantes, cavidades naturais das montañas que foron ampliadas e melloradas por Gimli, fillo de Glóin.

Outra cidade de certa relevancia é Aldbühr, capital do Folde Este, que foi fundada por Gondor co nome de Calmirië.

Por último está Stowbühr, estratexicamente emprazada no curso medio do Onodló.

División política e administrativaEditar

A Marca dos Xinetes está organizada politicamente en tres distritos, que á súa vez constitúen circunscricións militares.

  • O Páramo: ó norte do Onodló, debido á súa escasa poboación non tiña case ningunha relevancia económica ou comercial, pois tódalas rutas cos vales altos do Anduin estaban a miúdo cortadas e o tráfico de Rhovanion chegaba a través de Anórien.

Folde LesteEditar

Abrangue tanto as terras ó sur do Onodló como os pasteiros altos ó norte do río que se estenden ata o Páramo. Dende Aldbühr controlábanse as mandas de animais e o tránsito de persoas a través do Mehring.

Folde OesteEditar

Dende Fangorn ata o Nevado, o Folde Oeste concentra nos seus vales á maioría da poboación da Marca. Hornburg é a cidade fortín máis importante.

Estrutura militarEditar

Mariscais da MarcaEditar

Os emnets estaban comandados por mariscais. A súa xurisdición era absoluta, pois gobernaban en representación do rei. Durante o reinado de Théoden eran Théodred (primeiro mariscal e xefe de tódolos exércitos en ausencia do seu pai), Erkenbrand (segundo mariscal, quen tiña ó seu cargo Oestemnet) e Éomer (terceiro mariscal, que defendía Estemnet).

Cando Théodred caeu na batalla dos Vaos do Isen, Elfhelm ocupou o seu lugar de mando dos regulares de Edoras e asumiu o cargo de segundo ó mando por detrás do restablecido rei Théoden, que asumiu o seu cargo de primeiro mariscal.

Cando Éomer chegou ó trono, Elfhelm seguiu sendo o responsable da gornición de Edoras, o que equivale a ser alto mariscal, pois en batalla era o máximo mando despois do propio rei. Erkenbrand mantívose como segundo mariscal e Estemnet, historicamente en mans da Casa de Éomund (que era a que agora gobernaba o reino), recaeu na figura de Grimbold, membro dunha das casas máis influentes e heroe da batalla dos Campos de Pelennor.

ÉoredEditar

 
Cabaleiro de Rohan.

É unha formación de cabalería, de número variable, pero que en tempos de guerra podía chegar ós 2.000 xinetes, perfectamente montados e equipados. Cada mariscal da marca tiña ó seu lado un éored da súa casa, é dicir, cabaleiros que respondían directamente ás ordes do mariscal e que vivían na sede de cada marca. Os demais éored estaban comandados por capitáns (como é o caso de Dúnhere), elixidos polos mariscais de acordo co seu valor e co seu adestramento.

O nome éored é de orixe anglosaxón e componse da partícula eoh- que significa ‘cabalo’ e da partícula -rad que significa ‘cabalgar’.

ÉoherëEditar

Chamábase así a todo o conxunto da cabalería de Rohan e estaba composto por tódolos éored. Estaba comandada polo propio rei en persoa, xa que nunca se acantonaba á totalidade do exército salvo en caso de guerra. Aínda que probablemente en tempos da primeira liñaxe o acantonamento total puidera ter reunido cifras que roldaban os 30.000 xinetes, Théoden só puido reunir no Sagrario 10.000 cabaleiros, dos cales só 6.000 acudiron a socorrer Minas Tirith.

Ó igual que éored, o termo provén da lingua anglosaxoa, sendo a segunda partícula -herë, que significaba ‘hoste’ ou ‘exército’, é dicir, éoherë é ‘exército de cabalería’.

InfantaríaEditar

A infantaría do reino de Rohan é case inexistente, reducíndose a gornicións de postos fronteirizos, fortes e garda real das principais cidades. Aínda que non hai compañías de arqueiros como tal en campaña, si os hai dacabalo, sendo realmente temíbeis.

CulturaEditar

Os dúnedain de Gondor pensaban que os rohirrim estaban lonxanamente emparentados con eles (sendo descendentes dos Atanari ou Edain na Primeira Idade) e describíanos como homes medios, non tan cultos e hábiles como os numenóreanos, pero superiores ós homes da escuridade, que louvaban e servían a Sauron.

Os rohirrim caracterizábanse por ser altos, fortes e de pel pálida e cabelos loiros, con ollos azuis ou verdes na súa maioría. Acostumaban levar o cabelo longo e trenzado. Eran por natureza serios, firmes e feros cos seus inimigos, pero á vez xenerosos e xoviais en tempos de paz.

Tiveron contacto cos elfos na Primeira Idade, cando aprenderon de Eru. Porén, ó igual que os dúnedain, non o adoraron en templos. Veneraban a Oromë o Cazador, ó cal chamaban Béma.

Cabalos e guerraEditar

 
Un estandarte de Rohan.

Os rohirrim eran recoñecidos xinetes e criadores de cabalos. O seu exército estaba principalmente composto por cabalería, dividida en unidades chamadas éoreds. Os integrantes deste exército eran na súa maioría milicia, ben adestrada, convocada en tempos de guerra; os verdadeiros soldados a tempo completo eran un grupo menor dentro da poboación. Ían armados de lanzas e espadas longas, e protexíanse con escudos redondos, un helmo lixeiro e cotas de mallas que os cubrían ata os xeonllos.

En tempos de guerra, todo home quen de empuñar un arma era recrutado no exército; ademais estaban obrigados polo xuramento de Eorl a axudar a Gondor en caso de necesidade. A solicitude de axuda presentábase mediante o envío da frecha vermella ou co acendido das almenaras de Gondor, grandes fogueiras que eran prendidas en tempos de necesidade e que estaban aliñadas sobre as Montañas Brancas en Anórien setentrional.

Entre os cabalos de Rohan estaban os mearas, os máis nobres e rápidos de toda Arda; Felaróf foi o pai e o máis veloz de todos eles.

É por esta asociación entre home e cabalo, non só en tempos de guerra, pola que recibiron o nome de rohirrim (que en sindarin significa ‘señores dos cabalos’ e Rohan (derivado de rochand, que significa ‘casa dos señores dos cabalos’).

Algúns rohirrim importantesEditar

NotasEditar

  1. Bosworth, eodor

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bosworth, Joseph; Toller, T. Northcote. An Anglo-Saxon Dictionary. Praga: Charles University. 
  • Grigsby, John (2005). Beowulf & Grendel: The Truth Behind England's Oldest Legend. Londres: Watkins. ISBN 1-84293-153-9. 
  • Wynne, Hilary (2006). Drout, Michael D. C., ed. J. R. R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment. Routledge. pp. 575–576. ISBN 0-415-96942-5.