Grimbold

Personaxe da Terra Media

Grimbold é un personaxe ficticio que pertence ó legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na novela O Señor dos Aneis. É un rohir do Folde Oeste e Mariscal da Marca, segundo de Erkenbrand. Participou en ambas Batallas dos Vaos do Isen.

Historia

editar

Na primeira batalla dos vaos comandou as forzas defensoras da beira occidental. Dende alí viu como Théodred era atacado, e aínda que correu no seu auxilio, o fillo de Théoden morreu nos seus brazos.

Na segunda batalla dirixiu as forzas que defenderon os vaos. Dispuxo tropas no extremo occidental ocupando os fortes que había nos bordos e el permaneceu coa cabalería no lado leste do río Isen. Ante o ataque, defendeu os vaos e dispuxo unha formación de escudo sobre o campamento. Cando viu que o desastre era inminente, realizou unha manobra de distracción que lle permitiu sacar á maioría dos seus rohirrim do vao.

Logo desta batalla, reuniuse con Erkenbrand e Gandalf para atacar as costas do exército que sitiaba o Abismo de Helmo, participando na Batalla do Abismo de Helmo.

Asumiu o liderado da Marca Oeste porque Erkenbrand era moi maior e partiu coas tropas de Théoden a Minas Tirith. Dirixiu o éored que atacou o exército de Minas Morgul polo lado leste do Rammas Echor, preto do Mindolluin, na Batalla dos Campos de Pelennor. Finalmente morreu nesa batalla.