Gimli
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Gimli é un personaxe do legendarium de J. R. R. Tolkien que aparece na súa obra O Señor dos Aneis. Nalgunhas ocasións fálase del como: Gimli fillo de Glóin ou Gimli Amigo dos Elfos. Naceu nas Montañas Azuis ó oeste da Terra Media. Era descendente de Durin o Inmortal.
Gimli | |
---|---|
Personaxe de O Señor dos Aneis | |
Creador(es) | J. R. R. Tolkien |
Información | |
Raza | Ananos |
Sexo | Masculino |
Nacemento | 2879 T. I. |
Familia | Glóin (pai) |
Residencia | Ered Luin |
Perfil en IMDb |
Segundo o libro
editarGimli, fillo de Glóin, é un anano do clan de Durin. Naceu no 2879 da Terceira Idade. Foi elixido para acompañar a Frodo Bulseiro, como membro da Irmandade do Anel na súa misión de destruír o Anel Único. Inicialmente desconfiaba dos Elfos, pero despois converteuse nun ardente admirador de Galadriel e nun amigo íntimo de Legolas.
No comezo da historia, Gimli aparece como o típico anano rudo, violento, e inimigo dos elfos. De feito ten un forte temperamento e é impaciente para pelexar contra os orcos; ademais ten un grande entusiasmo polas minas de Moria, o fogar dos seus devanceiros. Gimli posúe un alto sentido do honor (e é moi obstinado), o que explica por que se sente profundamente insultado polo trato dos elfos en Lothlórien, que o obrigaron a viaxar cos ollos vendados se desexaba entrar no seu reino. Porén, Aragorn evita unha situación potencialmente violenta ó convir que tódolos membros da Irmandade fosen vendados, incluso cando Aragorn e Legolas deberían ser recibidos como príncipes por dereito.
Máis adiante, Galadriel impresiónao moito coa súa beleza, amabilidade e comprensión, polo que Gimli, cando se lle dá a oportunidade de pedir calquera cousa que el quixese, non pide ningún tesouro ou algún artigo máxico, senón unha mecha dourada do cabelo de Galadriel, que atesourará por sempre. Unha nota histórica interesante é que, de acordo á "Historia de Galadriel e Celeborn" de Unfinished Tales, esta mesma petición foi previamente feita miles de anos atrás por Fëanor, o máis grande dos elfos Noldorin (quen creou os Silmarils quizais inspirado polas mesmas mechas de cabelo). Galadriel rexeitou a petición de Fëanor, pero si accedeu á de Gimli, quizais pola súa humildade.
O amor de Gimli por Galadriel demóstrase no seu primeiro encontro con Éomer de Rohan. Éomer fala rudamente sobre Galadriel, proferindo rumores falsos sobre ela. Entón Gimli respóndelle con insultos, levando a unha situación hostil que unha vez máis é conciliada por Aragorn.
Ó final do primeiro libro, xa está desenvolvendo unha infrecuente amizade co elfo Legolas. No segundo libro (As Dúas Torres), Gimli proba o seu valor en combate (pero non por primeira vez). Na batalla de Cornoburgo, el e Legolas enfróntanse nunha competición para ver quen mata máis orcos (Gimli gaña por un, pero ambos gárdanse mutuo respecto). Máis tarde a vívida descrición das Cavernas de Aglarond provoca que o elfo lle faga prometer que ambos as visitarán cando a guerra remate. Ao final logran cumprir esta promesa, na que Gimli tamén consente en visitar o Bosque de Fangorn. A súa amizade convértese nun modelo para predicar; incluso montan no mesmo cabalo. Despois da guerra, Gimli guiaría un gran número de ananos do clan de Durin para establecer un novo reino de ananos en Aglarond, e converteríase no primeiro "Señor das Covas Escintilantes" durante a Cuarta Idade do Sol. Os ananos da Montaña Solitaria, guiados por Gimli, repararían o dano causado durante a Guerra do Anel. O máis notable foi a substitución do Gran Portal de Minas Tirith cun novo fabricado de mithril e de aceiro, así como a mellora no trazo da cidade enteira.
De acordo co Libro Vermello da Fronteira do Oeste, trala morte de Aragorn en 121 C.I., Gimli viaxou con Legolas cara a Valinor (quizais co permiso obtido para el por Galadriel), e foi o primeiro anano en pisar as Terras Eternas.
Gimli tiña 139 anos cando a Irmandade do Anel se encamiñara desde Valfendido, o que o facía 52 anos máis vello que Aragorn.
Na adaptación ó cine
editarNa triloxía levada ó cine por Peter Jackson, Gimli é interpretado por John Rhys-Davies, que foi deliberadamente elixido porque era máis alto que os actores que interpretaban ós Hobbits. Así, nas escenas onde Gimli e os hobbits aparecían ó mesmo tempo, parecían ter en proporción os seus tamaños respectivos, e nas escenas onde interactuaban con personaxes humanos empregábanse trucos para pór o seu tamaño a escala.
Nas películas, a personalidade ruda de Gimli é deliberadamente esaxerada en comparación coa de Aragorn e Legolas, e en ocasións corresponde coa parte cómica, cousa que algúns fanáticos dos libros de Tolkien atoparon desagradable. Unha defensa desta postura é que orixinalmente, nos libros, Pipin e Merri eran os personaxes cómicos; ó avanzar a historia, a guerra fainos madurar, así que Gimli convértese no personaxe cómico para diminuír a tensión dramática.
Citas
editarE no entanto a miña machada non me ten paraxe na man. Se me desen unha boa ringleira de pescozos de orcos e espazo para brandila, habíache esquecer todo o cansazo!
Quen se despide cando o camiño escurece é desleal.
¡Ninguén guinda un anano!
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |