Raza fantástica
Unha "raza fantástica" é un grupo de seres máis ou menos fantásticos mencionados normalmente nos universos imaxinarios da fantasía heroica, a ciencia ficción e os xogos de rol. O termo pode referirse a grupos étnicos, especies, nacionalidades[1] ou grupos sociais.[2][3] Nos xogos de rol a "raza" refírese a calquera especie que poida usarse como personaxe xogador ou non.
O uso deste concepto foi popularizado polo escritor británico J. R. R. Tolkien a partir das súas obras O hobbit (1937) e O Señor dos Aneis (1954-55), e posteriormente foi adaptado e difundido polo xogo de rol Dungeons & Dragons (1974).
Hai centos de razas fantásticas, algunhas completamente inventadas e posteriormente reutilizadas por outros autores, como os hobbits de Tolkien, e outras adaptadas de criaturas mitolóxicas preexistentes pero "revisitadas", como elfos, trasnos ou dragóns. Moitas veces, estas razas están relacionadas, desenvolvéndose con influencia máxica dunha especie base (normalmente elfos ou humanos).
Notas
editar- ↑ e.g. A Savage Worlds, Pirates of the Spanish Main ou Weird War II
- ↑ A Rolemaster Oriental Companion, “Common man” e “Noble”
- ↑ Weisman, Jordan; Gorden, Greg; Kubasik, Christopher; et al. (1993). Earthdawn. Fasa Corp. ISBN 1-55560-213-4.