John Rhys-Davies

actor galés

John Rhys-Davies, nado en Ammanford (Carmarthenshire) o 5 de maio de 1944, é un actor galés de cinema e televisión.

John Rhys-Davies
Nacemento5 de maio de 1944
LugarAmmanford
NacionalidadeReino Unido
Educado enRoyal Academy of Dramatic Art, Universidade da Ânglia Oriental e Truro School
Profesiónactor, actor de televisión, actor de cinema e actor de teatro
Na rede
IMDB: nm0722636 Allocine: 6787 Rottentomatoes: celebrity/john_rhys Allmovie: p17257 TCM: 160861 Metacritic: person/john-rhys-davies TV.com: people/john-rhys-davies
Discogs: 948311 WikiTree: Davies-3559 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sinatura

É coñecido internacionalmente por interpretar o escavador árabe Sallah nos filmes de Indiana Jones e o anano Gimli na adaptación cinematográfica da triloxía d'O Señor dos Aneis, onde tamén fixo a voz de Bárbore, o Ent.

Traxectoria Editar

Rhys-Davies medrou en Ammanford, Gales,[1][2], fillo de Mary Margaretta Phyllis Jones e Rhys Davies.[3][4][5] Pasou gran parte da súa infancia na casa da súa nai en Ammanford, aínda que tamén foi criado en Tanzania. Foi educado no colexio Truro e na University of East Anglia, onde foi un dos primeiros oitenta e sete estudantes admitidos e fundou a sociedade Dramática. Despois de dar clases no instituto de secundaria de Watton, en Norfolk. Tamén gañou a praza na "Royal Academy of Dramatic Art".

Filmografía Editar

 
Rhys-Davies asinando autógrafos en Suecia.

Aparicións televisivas Editar

Libros de son Editar

Premios Editar

Premios do Sindicato de Actores
Ano Categoría Filme Resultado
2003 Mellor elenco The Lord of the Rings: The Return of the King Gañador
2002 Mellor elenco The Lord of the Rings: The Two Towers Nomeado
2001 Mellor elenco The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring Nomeado

Notas Editar

  1. "John Rhys-Davies". BBC Wales - Arts. 3 November 2009. para. 2. Consultado o 18 December 2010. 
  2. "Putting Ammanford on the map". South Wales Guardian (Newsquest Media Group). 30 April 2003. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 18 December 2010. 
  3. "John Rhys-Davies Biography (1944-)". filmreference.com. Consultado o 2009-05-27. 
  4. "John Rhys Davies Biography". Yahoo! Movies. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2011. Consultado o 2009-05-27. 
  5. "John Rhys-Davis". nTZ. Consultado o 2009-05-27. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar