Un ent é un membro dunha raza de seres fantásticos que forman parte do universo mitolóxico das obras de J. R. R. Tolkien.

Bárbore cos hobbits.
Figura dun ent no Desfile do Solsticio de 2007 en Fremont (Seattle).

Tamén coñecidos coma "Pastores de árbores" por seren gardiáns das árbores e dos bosques, os ents acabaron adoptando un aspecto que se asemella moito as árbores, tanto, que cando permanecen inmóbiles e en silencio, a maioría das criaturas da Terra Media non poden distinguilos. O seu fogar é o Bosque de Fangorn, aínda que o hobbit Merri afirma ter oído pola Marca historias sobre criaturas similares no Bosque Vello.