Glóin
Glóin é un personaxe ficticio das novelas O hobbit e O Señor dos Aneis, no mundo de fantasía da Terra Media creado por J. R. R. Tolkien. É un membro nobre da raza dos ananos, membro da casa de Durin. O seu fillo Gimli partiría como representante dos ananos na Irmandade do Anel.
Glóin naceu no ano 2783 T. E. e morreu no 15 C. E.. Foi un dos doce ananos compañeiros de Thorin e do hobbit Bilbo Bulseiro. Era fillo de Gróin, quen á súa vez era neto de Borin, o fillo máis novo do rei Náin II, e xa que logo de ascendencia directa co propio Durin I. Óin, outro dos compañeiros de Thorin, era o seu irmán. N' O Señor dos Aneis Glóin participou no Consello de Elrond como representante dos ananos da Montaña Solitaria.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |