Arda é un territorio ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, no que se desenvolven a meirande parte dos acontecementos narrados na súa obra de ficción. Arda forma parte de (o universo de Tolkien), é o equivalente ficticio da Terra e está formada á súa vez por varios mares, océanos e continentes, entre os que se inclúen a Terra Media e Aman. Arda foi creada, xunto co resto de Eä, coa música dos Ainur para os fillos de Ilúvatar (isto é, elfos e humanos).

Visión xeral

editar
  A Historia de Arda
Anos Valianos

Anos das Lámpadas
Anos das Árbores
Anos do Sol

Idades dos Fillos de Ilúvatar
Batalla Final

Orixinalmente era un mundo plano, cuxos continentes estaban rodeados por un poderoso océano, Ekkaia ou Mar Circundante, e separados por Belegaer, chamado o Gran Mar. Na Primeira Idade, na área do noroeste da Terra Media estendíase o país de Beleriand, mais este foi destruído durante a Guerra da Cólera. Ao sur e ao leste da Terra Media estaba o continente da Terra Escura e ao leste o da Terra do Sol.

Na Segunda Idade, Númenor foi levantado no Gran Mar para os Edain. Esta illa existiu durante a maior parte da Segunda Idade, mais foi destruída como resultado do orgullo dos numenorianos ao desafiaren a Prohibición dos Valar de navegar a Aman no oeste.

Despois da destrución de Númenor, Arda foi feita redonda. Aman foi extraído do mundo, de maneira que só o podían atinxir os elfos, seguindo o camiño recto que lles foi concedido. Ao tempo, novas terras e continentes foron creados.

Un pouco antes da caída de Númenor, un pequeno grupo de homes (liderados por Elendil, e os seus fillos Isildur e Anárion), escapou da destrución próxima e asentouse no oeste da Terra Media, formando así os reinos de Gondor (cerca do reino de Sauron (Mordor)) e Arnor (cerca dos Reinos Elfos dos Portos Grises e Valfendido). Estes reinos de elfos e homes loitaron contra a maldade de Sauron durante toda a Terceira Idade.

A fin da Terceira Idade ocorreu pola caída de Sauron e a destrución do Anel no Monte do Destino. A Cuarta Idade comezou con grande esperanza de man dos dúnedain que vían a Aragorn, o novo rei de Gondor, como o fundador da Era dos homes.

Co devir dos séculos, Arda chegaría a ser o planeta Terra tal cal o coñecemos hoxe.

Habitantes

editar
  1. Elfos
  2. Homes
  3. Ents (e Cuornos)
  4. Wargos
  5. Orcos
  6. Troles
  7. Hobbits
  8. Ananos
  9. Maiar
  10. Valar
  11. Nazgûl

Xeografía

editar
  1. Aman
  2. Terra Media
  3. Terra Escura
  4. Terra do Sol