Anos Valianos
A Historia de Arda |
---|
Anos Valianos
|
Idades dos Fillos de Ilúvatar |
Batalla Final |
Os Anos Valianos son unha medida temporal empregada no legendarium de J. R. R. Tolkien para contar o paso do tempo desde a chegada dos Ainur a Arda, o mundo no que se desenvolven a maioría dos acontecementos da súa mitoloxía.
Esta definición de ano recibe o seu nome dos Valar, os seres anxelicais que custodian en gobernan Arda, e continuou a usarse durante outros períodos nos que se empregaban outras definicións de ano, como os Anos das Lámpadas, os Anos das Árbores e os Anos do Sol. Após a primeira saída do sol, en Aman o tempo seguiu a medirse en Anos Valianos, mais de aí en diante Tolkien no fornece as datas dos acontecementos de Aman. Para describir os acontecementos ocorridos en Beleriand e a Terra Media non se adoita utilizar a medida dos Anos Valianos.
No tocante á equivalencia entre Anos Valianos e anos solares, Tolkien empregou diferentes factores de conversión en distintos momentos. Nos anos 1930 e '40, Tolkien usou unha cifra que rondaba os dez anos solares por cada Ano Valiano, e acabou estabelecendo a equivalencia en 9,58[1]. Porén, nos anos 1950, decidiu utilizar un valor moito meirande: 144 anos solares por cada Ano Valiano[2]. Este é o factor de conversión que aparece nos apéndices d'O Señor dos Aneis como a duración do ano élfico (o yen).
Notas
editar- ↑ J. R. R. Tolkien (1993), Christopher Tolkien, ed., Morgoth's Ring, Boston: Houghton Mifflin, The Annals of Aman páx. 58, ISBN 0-395-68092-1
- ↑ J. R. R. Tolkien (April 1, 1987), The Return of the King, vol. 3, The Lord of the Rings, Boston: Houghton Mifflin, ISBN 0-395-08256-0 Appendix B: The Tale of Years
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Ligazóns externas
editar- Reckoning of the years Arquivado 22 de novembro de 2005 en Wayback Machine. en Annals of Arda