Ekkaia foi un grupo musical coruñés de crust punk[1] con letras en castelán que iniciou a súa actividade en 1999 co nome de Icon[2] e continuou nos comezos do século XXI. Foi unha das bandas máis influentes do xénero non só en Galiza (onde influíu a bandas coma Madame Germen) senón a nivel estatal ou mesmo doutros lugares. Adóitase falar do seu estilo como «neocrust» ou «crust melódico».[2]

Ekkaia
OrixeA Coruña, Galicia Galiza
Xénero(s)Crust punk
MembrosDavid (baixo), Javivi (guitarra), Marcos (batería), Nelson (voz) e Pablo (guitarra e voz)

Os seus membros foron[3] David (baixo), Javivi (guitarra), Marcos (batería), Nelson (voz) e Pablo (guitarra e voz, actualmente no grupo Sangre de Muérdago)[4].

O grupo toma o seu nome dun mar ficticio do legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien[5].

Discografía (parcial) editar

  • Sombras del Progreso (2007)
  • Manos que estrechan planes de muerte y sometimiento
  • ¿Cuántos más moriremos hasta que estén satisfechos?[6]
  • Demasiado tarde para pedir perdón
  • Ya hemos aguantado el sermón, ahora los destrozaremos

Notas editar

  1. Ekkaia na web Rate your music.
  2. 2,0 2,1 Ekkaia en Metal Archives.
  3. Ekkaia en Metal Orgie
  4. Sangre de Muérdago en Bandcamp
  5. Schneidewind, F. (2003): Diccionairo Tolkien. Plaza&Janés, p.111.
  6. ¿Cuántos más moriremos hasta que estén satisfechos? en YouTube.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar