Home (Terra Media)

raza humana do lexendarium de J. R. R. Tolkien

Os homes nas obras de J. R. R. Tolkien ambientadas na Terra Media son unha das razas que forman parte dos fillos menores de Ilúvatar. Naceron máis tarde que os elfos, coa primeira saída de Anar, o Sol, ó comezo da Primeira Idade do Sol.

Os elfos tamén os coñeceron como edain ("os segundos" en sindarin, aínda que este nome aplicouse despois soamente ós homes que chegaron a Beleriand e se volveron aliados dos elfos), atani (en quenya), hildor ("seguidores" ou "chegados despois" en quenya), apanónar ("nados despois" en quenya), engwar ("enfermizos" en quenya), fírimar ("pobo mortal" en quenya), «usurpadores», «os da man torpe», «fillos do Sol», «temerosos da noite», «malditos», «hóspedes inescrutables» e «forasteiros».

A liberdade editar

A característica principal dos Homes dada por Ilúvatar é o don da liberdade, acoutada por Tolkien en dous aspectos:

  • Que só están un tempo curto no mundo e por tanto non están suxeitos a el como os elfos, que viven tanto como vive o mundo; en outra palabras, a Morte, que aínda que ten unha denotación negativa para os homes (pola acción de Morgoth), en realidade é a máis grande expresión da Liberdade humana.
  • Que teñen o poder de modelar e cambiar o seu propio destino. Isto significa que poden cambiar a súa historia cantada e preconcibida en Ainulindalë dos Ainur durante a creación de Arda.

Historia editar

Crese que naceron en Hildórien, no momento en que saíu o Sol por primeira vez (e por única ocasión no Occidente do mundo, o que provocou que os pasos dos primeiros homes sempre estiveran dirixidos nesa dirección).

Os Homes subdividíronse nalgún momento da súa historia primeira en dúas pólas:

  • Os Hobbits, de mediana estatura, que chamaron ós outros "Xente Grande" ou "Pobo Grande".
  • Os Homes, de estatura normal.