Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°25′48″N 8°39′07″O / 42.43000, -8.65194

Escultura diante da Praza de touros.

A Praza de touros de Pontevedra é un edificio adicado a actividades taurinas na cidade de Pontevedra, no cal se celebra cada ano a feira taurina da Peregrina. O recinto ten unha capacidade para 7.800 persoas, sendo polo tanto o segundo recinto con mais capacidade da capital pontevedresa, só por detrás do Estadio de Pasarón. A Praza de touros de Pontevedra é o único coso taurino permanente en todo o territorio galego. Dende o ano 1996 a praza ten un teito que protexe do sol ou da choiva a todo o recinto (tanto bancadas como area). A praza pertence á empresa dos irmáns Lozano dende hai mais de 30 anos, e nela celébranse ademais eventos como concertos musicais, mitins políticos ou actos da Feira Franca.

HistoriaEditar

 
Evento durante a Feira Franca de Pontevedra.

Na súa orixe, o edificio era de madeira. Foi inaugurado o 10 de agosto de 1892 cunha corrida na que actuaron Espartero, Mazzantini e Guerrita. No ano 1900 foi tirada e reconstruída como é hoxe. Dende entón moitas figuras do pasado e do presente pasaron pola praza: Manolete, Luis Miguel Dominguín, Enrique Ponce, El Juli, Antoñete, Cesar Rincón, Espartaco, José Tomás etc. Como curiosidade, o mesmo rei Alfonso XIII presenciou en persoa un festexo taurino na praza en 1929.

Feira Taurina da PeregrinaEditar

Cada ano ten lugar a feira taurina da Peregrina coincidindo coas festas da cidade, na que se celebran 4 festexos durante os dous primeiros fins de semana do mes de agosto na praza de touros de Pontevedra. Esta feira taurina ten un gran arraigo na cidade, e polo normal enche as bancadas cada día a pesar de coincidir nas datas coa feira taurina das festas de María Pita que tiña lugar na Coruña.

Con todo, tamén hai unha forte oposición social á celebración deste evento taurino. Así, a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra integra diferentes asociacións de diferente ideoloxía: contra o maltrato animal (Galiza mellor sen touradas, Matar por Matar NON, protectora Os Palleiros), ecoloxistas (ADEGA, APDR, Vaipolorío, Verdegaia, Colectivo Ecoloxista do Salnés), políticas (Galiza Nova, Isca!, Briga, Nós-UP) sociais (A Revira) ou sindicais (CNT). Demandan a abolición do maltrato animal e a reconversión da praza de touros nun espazo público[1].

NotasEditar

  1. "Coordenadora Antitouradas de Pontevedra". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 16 de marzo de 2011. 

Véxase taménEditar