Ángel Sobral

boxeador galego

Ángel García Sobral, coñecido como Ángel Sobral ou O León de Xeve, nado en Xeve (Pontevedra) en 1908 e finado o 2 de agosto de 1986 na Piolla[1] (tamén Pontevedra), foi un boxeador galego.

Infotaula de personaÁngel Sobral
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Xeve, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1986 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Lápida no camposanto de Lérez, onde repousan os seus restos e mailos da súa muller.

Fillo dunha familia agraria, en 1924 marchou emigrado ao Brasil, primeiro a Engenho Grande e logo a Niterói, onde traballou como panadeiro. Nesa cidade comezou a boxear como afeccionado, e logo de 10 combates vitorioso pasa a ser profesional na categoría dos pesos medios. Comezou a ter sona no Brasil, naquel momento un dos epicentros do boxeo a nivel mundial. Obtivo o premio Lacerda que outorga a Federación Brasileira de Boxeo e en 1930 regresou a Europa como deportista.

Chegou ao porto de Vigo e comezou a disputar combates en Galicia e España. Pelexou polo título de campión español en Vigo no mes de outubro dese mesmo ano, 1930, e consegueiuno por KO ao terceiro asalto. Iniciou así unha traxectoria de numerosos combates neses meses que o levaron a sufrir unha lesión nas mans[2], e a perder o combate polo campionato de España en 1932 fronte a Francisco Ros.

Despois dunha tempada de descanso e de adestramentos, recuperou o título español dos pesos medios de novo en Vigo, en setembro de 1933, ao derrotar o levantino Félix Gómez. Ese mesmo ano casou e estableceuse no lugar da Piolla, tamén na cidade de Pontevedra. Ao ano seguinte recaeu da súa lesión e perdeu algúns combates de relevancia, co que foi freando a súa carreira, aínda que consta que en 1935 aínda pelexou en Lisboa. Perdeu ademais o título dos pesos medios en decembro dese ano por non combater en prazo ante Toribio Nistal[3].

Nese mesmo ano 1935 conseguiu a través dunha amizade un posto de funcionario no Banco de España de Pontevedra. A guerra do 36 mobilizouno e é recrutouno polo bando nacionalista e foi destinado a Villablino. Logo da guerra xa non volveu pelexar. En 1949 solicitou unha excedencia por cinco anos e marchou emigrado a Brasil para vender tabaco no Río de Xaneiro. En 1954 reincorporouse no seu posto do Banco de España, pero inicialmente foi destinado a Barcelona e só posteriormente de novo a Pontevedra, de onde xa non marcharía ata a súa morte.

Notas editar