Verdegaia

Asociación ecoloxista galega

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega, fundada en 2006.

Verdegaia
TipoAsociación ecoloxista
Data de fundación2 de abril de 2006
PaísEspaña
Na rede
https://www.verdegaia.org/wp/
Facebook: ecoloxistasverdegaia Twitter: verdegaiaGZ Instagram: verdegaiagz Telegram: verdegaia_gz Youtube: UC_4qZUZjFhoFMg7p-5pNinQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Verdegaia fundouse logo dunha escisión en ADEGA, a asociación ecoloxista na que en 2005 militaban a maior parte dos membros fundadores de Verdegaia. Ten como obxectivos contribuír á defensa da natureza e propiciar un desenvolvemento sustentábel caracterizado polo ecoloxismo, a xustiza social e a paz. Os medios para acadar estes obxectivos son a investigación, a sensibilización social, o deseño e realización de proxectos, a presión a gobernos e a empresas e a mobilización. A asociación publica desde o 2006 a revista dixital Cos pés na Terra.

En 2018 creou as Brigadas Deseucaliptizadoras, un programa de voluntariado para restituír as especies autóctonas de alto valor ecosistémico onde están ameazadas polo eucalipto e por outras especies invasoras pirófitas.[1]

Orixe do nome editar

O nome da asociación é un xogo de palabras entre verdegaia,[2] unha tonalidade de verde claro mestura entre o verde e o branco, cores respectivamente asociadas aos movementos ecoloxistas e pacifistas, e Gaia, nome da Nai Terra na mitoloxía grega.

Ideario editar

O ideario de Verdegaia é:

Núcleos comarcais editar

A asociación conta con núcleos nas seguintes comarcas:

Notas editar

  1. "As brigadas". Verdegaia. Consultado o 21/04/2018. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para verdegaia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar