Abrir o menú principal

Pedro Martínez Pinilla, nado o 25 de outubro de 1895 en Vigo e finado en xaneiro de 1982, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Pedro Pinilla
Información persoal
Nome completo Pedro Martínez Pinilla
Nacemento 25 de outubro de 1895
  Vigo
Falecemento xaneiro de 1982
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Real Club Fortuna de Vigo
Real Vigo Sporting Club
1923-1927 Celta de Vigo
1927-1929 Deportivo da Coruña
Selección nacional
Selección de fútbol de Galicia

* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Antes de xogar no Celta de Vigo xa militara nos dous clubs que deron lugar ao seu nacemento ca súa fusión, o Real Club Fortuna de Vigo e o Real Vigo Sporting Club.

Pinilla tivo a honra de disputar o primeiro encontro oficial da historia do Celta, dito encontro tivo lugar o 7 de outubro de 1923 e foi contra o Unión Sporting Club de Lavadores na fase de clasificación para o Campionato de Galicia de fútbol, e remataría con vitoria do Celta por 2-0 con goles do propio Pinilla e de Luís Correa.

Este dianteiro que logrou un total de 18 goles en 36 encontros oficiais co Celta, foi un home de récords. Por exemplo conseguiu marcar 6 goles nun so encontro, cifra igualada por Manolo Posada e so superada por un home en toda a historia do Celta, Rogelio Tapia, que marcou 8. Esa media docena de goles marcoullos un 28 de febreiro de 1926 ao Cultural Leonesa en oitavos de final da Copa de España

Nunha época na que non existían tarxetas e non constan moitas expulsións, Pinilla a curiosa cifra de dúas expulsións, tendo en conta que no Celta da década dos anos 20 so constan outras dúas expulsións, a Lilo e a Polo.

Tamén disputou o primeiro encontro da Selección de fútbol de Galicia o 19 de novembro de 1922 no campo de Coia contra a Selección de Castela. Galicia aliñeou a un gran equipo con: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino, Pepe Hermida, Moncho, Ramón González, Chiarroni, Polo, e Pedro Pinilla. O encontro rematou con vitoria galega por 4-1, con goles de Polo (2), Pinilla e Ramón.

Pinilla disputou 10 encontros coa Selección galega entre 1922 e 1924 cun balance de 9 vitorias e unha derrota, e anotando 5 goles.

O 1 de maio de 1927 Pinilla disputou o último encontro co Celta, nun empate co Arenas de Getxo na Copa de España. Esa mesma tempada fichou polo Deportivo da Coruña onde xogaría dúas tempadas máis, ata 1929.

PalmarésEditar

Véxase taménEditar