Abrir o menú principal

José Hermida Losada, nado en Gondomar en 1897, foi un futbolista galego que xogaba nas demarcacións de centrocampista e defensa, máis coñecido como Pepe Hermida.

Pepe Hermida
Nacemento1897
 Gondomar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi membro dunha saga familiar no Celta de Vigo xunto co seu irmá Ángel Hermida e o seu sobriño Manuel Hermida Losada, coñecido como Hermidita e un dos mellores xogadores da historia céltica.

Antes da fundación do Celta no ano 1923 xogaba no Real Vigo Sporting Club, un dos dous clubs que deu lugar ao Real Celta de Vigo. Trala creación do novo club vigués converteuse nun dos primeiros xogadores do mesmo.

Debuta en competición oficial co Celta na tempada 1923-24 proclamándose campión de Galiza. Este sería o primeiro dos 6 Campionatos de Galicia que conseguiu Hermida equipo olívico.

No ano 1924 tamén debutou na Copa de España ante o Athletic de Bilbao.

Participou tamén no ano 1928 na xira do Celta por América que saiu o 7 de xuño do porto de Vigo no transatlántico Werra

No ano 1932 abandona o Celta con 34 anos, tras nove tempadas no club e conseguir debutar na acabada de crear Liga española de fútbol sen acadar o ascenso a Primeira División, que chegaría no ano 1936.

Palmarés co Celta de VigoEditar

Véxase taménEditar