Abrir o menú principal

Ramón Gil Sequeiros

Futbolista galego.
(Redirixido desde "Moncho Gil")

Ramón Gil Sequeiros máis coñecido como Moncho, nado o 16 de agosto de 1897 en Vigo e finado o 18 de xaneiro de 1965 na mesma cidade, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro. Foi medallista olímpico en 1920.

Ramón Gil Sequeiros
Información persoal
Nacemento 16 de agosto de 1897
  Vigo
Falecemento 18 de xaneiro de 1965
  Vigo
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De familia con posibles, era fillo de Ramón Gil Vidal, cónsul en Haití e comerciante eminente da cidade de Vigo.

Comezou a xogar no Real Vigo Sporting Club pero comezou a despuntar facendo o servizo militar, cando se organizou o primeiro campionato militar de fútbol de España. Para ese torneo o "Regimiento de Infantería Murcia" destacado en Vigo fixo moi bo equipo ao contar con varios xogadores do Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo. Tan ben o fixeron que chegaron á final, onde gañaron cun gran papel de Ramón, que marcou os dous goles da vitoria.

Segundo os datos da Real Federación Española de Fútbol, a vinculación de Ramón Gil co fútbol en activo seguiu ata 1927, chegando a militar no Celta de Vigo catro tempadas dende a súa fundación en 1923. Foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia e varias ocasións, entre elas o primeiro encontro do combinado galego, disputado o 19 de novembro de 1922 ante a Selección de Castela.

Tamén disputou ca Selección de fútbol de España os Xogos Olímpicos de 1920 realizados en Antuerpen (Bélxica), onde o combinado español obtivo a medalla de prata, disputou dous encontros, ante Holanda e Italia. El e Luis Otero Sánchez son os primeiros galegos en ser medallistas olímpicos.

Véxase taménEditar