Manolo Posada

futbolista galego

Manuel Posada Tapias, nado en Vigo o 2 de agosto de 1896, foi un futbolista galego máis coñecido como Manolo Posada, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Manolo Posada
Información persoal
Nacemento 2 de agosto de 1896
Lugar de nacemento Vigo
Posición dianteiro, dianteira
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou xogando no Real Club Fortuna de Vigo, pero os seus estudos en Madrid permitíronlle alternar o equipo vigués co Real Madrid.

Trala fusión do Fortuna co Real Vigo Sporting Club e o nacemento do Celta de Vigo en 1923 o dianteiro do Real Madrid volveu a Vigo para enrolarse nas filas no novo club.

O seu primeiro encontro oficial co Celta foi o segundo do Campionato de Galicia, na tempada 1923-24, fronte ao Unión Sporting Club de Lavadores e no que marcou 3 dos 7 goles que marcou o Celta (7-0). O Celta proclamouse Campión de Galicia sen sufrir ningunha derrota.

Porén foi a última tempada do xogador no Celta, xa que abandonou o fútbol e pasou a formar parte da directiva do club.

Tamén formou parte da Selección de fútbol de Galicia en varias ocasións, como por exemplo o encontro internacional ante a Selección de Lisboa o 27 de maio de 1923.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar