Abrir o menú principal

Manuel Rodríguez Pazó

Manuel Rodriguez Pazó, máis coñecido como Lilo, nado en Vigo e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1972, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de gardameta.

Manuel Rodríguez Pazó
Información persoal
  Vigo
Falecemento 2 de setembro de 1972
Nacionalidade España
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a xogar no Germania, un equipo do barrio vigués do Couto, pero xogaba como defensa. No transcurso dun encontro lesionouse o gardameta polo que Lilo ocupou o seu posto con moi bo resultado.

A raíz desta experiencia Lilo ficha polo Club Ciosvín xa como porteiro, club que máis tarde se proclamaría campión do Campionato de España de fútbol afeccionado.

Despois xogou no Fortuna ata o momento da fusión deste co Real Vigo Sporting Club para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo. Converténdose nun dos primeiros porteiros do club, xunto a Isidro, Ruíz e Rubido

Ruíz xogou moi pouco tempo no Celta e aínda que Isidro foi nun primeiro momento o porteiro titular, pronto protagonizou un polémico caso de suborno por parte do Deportivo da Coruña a varios xogadores do Celta para facerse cos seus servizos, polo cal foi Lilo quen defendeu a portería do Celta nos primeiros anos da súa historia.

Na tempada 1935-36 o Celta acadou con Lilo no seu equipo o primeiro ascenso do club á Primeira División, pero non puido desfrutar dela xa que chegou a Guerra Civil Española e deixou o fútbol.

PalmarésEditar

Véxase taménEditar