Abrir o menú principal

Emilio Ruíz, nado no barrio vigués de Bouzas, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de porteiro. Foi alcumado o León de Bouzas.

Emilio Ruíz
Información persoal
  Vigo
Nacionalidade España
Posición gardameta

TraxectoriaEditar

Comezou xogando no equipo do seu barrio, o Rápido de Bouzas, fichando despois polo Real Club Fortuna de Vigo, onde xogaría ata o momento da fusión deste co Real Vigo Sporting Club para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo.

Fichou polo Celta de Vigo trala polémica fuga de Isidro ao Deportivo da Coruña, ao igual que outros tres xogadores do cadro celeste.

Emilio Ruíz non estivo moito tempo na disciplina celeste xa que pronto se afianzaría Lilo na portería. Porén tería tempo a declararse campión do Campionato de Galicia de fútbol na tempada 1924-25, disputando tamén o encontro do 8 de xaneiro, no que o Celta vencería ao Deportivo por 3-0 e no que Ruíz parou un penal.

A comezos da tempada 1925/26 a afección do Celta brindoulle unha homenaxe pola súa entrega ao equipo neses difíciles momentos. O xogador recibiu un coche Citroën regalo da afección e un reloxo de ouro de mans do Cónsul de Uruguai, obsequio dos galegos emigrados en América.

Véxase taménEditar