Patrimonio da Humanidade na China

artigo de listas da Wikimedia

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na China, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A China ten 57 sitios, clasificándose o segundo no mundo xusto por debaixo de Italia (59). A China ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial Cultural e Natural o 12 de decembro de 1985. Estes sitios comprenden algunhas das partes máis esenciais dos valiosos e ricos recursos turísticos da China.

Visión xeral editar

Desde que se uniu á Convención Internacional sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural en 1985, a China ten ata a data 57 sitios Patrimonio da Humanidade; destes 39 son sitios de patrimonio cultural, 14 son sitios de patrimonio natural e 4 son sitios culturais e naturais (mixtos), ocupando o segundo lugar no mundo.[3]

Ademais, tamén hai varios documentos chineses inscritos na lista da Memoria do Mundo da UNESCO, que rexistra o patrimonio documental mundial. Ademais, a China ten un rico patrimonio cultural inmaterial, con varios deles inscritos na lista da UNESCO de Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade.

Mapa editar

A continuación móstrase un mapa dos sitios Patrimonio da Humanidade na China.

Sitios numerados arredor de Pequín: 1. Gran Muralla; 2. Cidade Prohibida; 3. Zhoukoudian; 4. Palacio de verán; 5. Templo do Ceo; 6. Túmulos Ming; 7. Tumbas Qing Oriental; 8. Tumbas Qing occidentais

Lenda:   Patrimonio cultural;   Patrimonio natural;   Sitio mixto

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade editar

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: da China
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Palacios imperiais das dinastías Ming e Qing, incluíndo a Cidade Prohibida e o Palacio de Mukden   Beijing (Cidade prohibida) e Shenyang, Liaoning (Palacio de Mukden) 1987, 2004 I, II, III, IV 439
02 Mausoleo do primeiro emperador Qin   Xi'an, Shaanxi 1987 I, III, IV, VI 441
03 Covas de Mogao   Dunhuang, Gansu 1987 I, II, III, IV, V, VI 440
04 Monte Tai   Tai'an, Shandong 1987 I, II, III, IV, V, VI, VII 437
05 Sitio principal de Pequín en Zhoukoudian   Beijing 1987 III, VI 449
06 Gran Muralla Chinesa   Norte da China 1987 I, II, III, IV, VI 438
07 Monte Huangshan   Cidade de Huangshan, Anhui 1990 II, VII, X 547
08 Zona de interese paisaxístico e Histórico de Huanglong   condado de Songpan, Sichuan 1992 VII 638
09 Zona de interese paisaxístico e Histórico do Val de Jiuzhaigou   Condado de Jiuzhaigou, Sichuan 1992 VII 637
10 Zona de interese paisaxístico e Histórico de Wulingyuan   Zhangjiajie, Hunan 1992 VII 640
11 Conxunto Histórico do Palacio de Potala, incluíndo o Templo de Jokhang e Norbulingka   Lhasa, Tibet 1994, 2000, 2001 I, IV, VI 707
12 Conxunto de edificios antigos nas Montañas Wudang   Hubei 1994 I, II, VI 705
13 Estación de montaña de Chengde e os seus templos periféricos en Chengde   Chengde, Hebei 1994 II, IV 703
14 Templo e cemiterio de Confucio e a mansión da familia Kong en Qufu   Qufu, Shandong 1994 I, IV, VI 704
15 Área panorámica do Monte Emei, incluíndo a zona escénica do Gran Buda de Leshan   Cidade de Emeishan (Mt. Emei) ed Leshan (Buda xigantge), Sichuan 1996 IV, VI, X 779
16 Parque nacional da montaña Lu   Jiujiang, Jiangxi 1996 II, III, IV, VI 778
17 Antiga cidade de Pingyao   Condado de Pingyao, Shanxi 1997 II, III, IV 812
18 Xardíns clásicos de Suzhou   Suzhou, Jiangsu 1997, 2000 I, II, III, IV, V 813
19 Cidade vella de Lijiang   Lijiang, Yunnan 1997 II, IV, V 811
20 Palacio de verán   Beijing 1998 I, II, III 880
21 Templo do Ceo   Beijing 1998 I, II, III 881
22 Escultura rupestre de Dazu   Distrito Dazu, Chongqing 1999 I, II, III 912
23 Monte Wuyi   Fujian, Jiangxi 1999 III, VI, VII, X 911
24 Aldeas antigas no sur de Anhui – Xidi e Hongcun   condado de Yi, Anhui 2000 III, IV, V 1002
25 Tumbas imperiais das dinastías Ming e Qing, incluíndo as tumbas Ming e o Mausoleo Ming Xiaoling   Beijing e Nanjing, Jiangsu 2000, 2003, 2004 III, IV, V 1004
26 Grutas de Longmen   Luoyang, Henan 2000 I, II, III 1003
27 Monte Qingcheng e o Sistema de irrigación de Dujiangyan   Cidade de Dujiangyan, Sichuan 2000 II, IV, VI 1001
28 Grutas de Yungang   Datong, Shanxi 2001 I, II, III, IV 1039
29 Áreas protexidas dos tres ríos paralelos de Yunnan   Yunnan 2003 VII, VIII, IX, X 1083
30 Capitais e tumbas do antigo reino de Koguryo   Ji'an, Jilin 2004 I, II, III, IV, V 1135
31 Centro histórico de Macau   Macau 2005 II, III, IV, VI 1110
32 Yin Xu   Anyang, Henan 2006 II, III, IV, VI 1114
33 Santuarios do panda xigante de Sichuan - Wolong, Monte Siguniang e Montañas Jianjin   Sichuan 2006 X 1213
34 Diaolous de Kaiping e aldeas   Kaiping, Guangdong 2007 II, III, IV 1112
35 Karst da China meridional (Fase II)   Yunnan, Guizhou, Chongqing e Guangxi 2007, 2014 VII, VIII 1248
36 Tolou de Fujian   Fujian 2008 III, IV, V 1113
37 Sanqingshan   Condado de Yushan, Jiangxi 2008 VII 1292
38 Monte Wutai   condado de Wutai, Shanxi 2009 II, III, IV, VI 1279
39 Monumentos históricos de Dengfeng no "centro do ceo e da terra"   Dengfeng, Henan 2010 III, VI 1305
40 China Danxia   Hunan, Guangdong, Fujian, Jiangxi, Zhejiang, e Guizhou 2010 VII, VIII, IX, X 1335
41 Paisaxe cultural do lago do oeste en Hangzhou   Hangzhou, Zhejiang 2011 II, III, VI 1334
42 Sitio de Shangdu   Zhenglan Banner, Xilingol League, Inner Mongolia 2012 II, III, IV, VI 1389
43 Sitio fósil de Chengjiang   Chengjiang County, Yunnan 2012 VIII 1388
44 Xinjiang Tianshan   Xinjiang 2013 VII, IX 1414
45 Paisaxe cultural dos arrozais en socalcos dos hani de Honghe   Condado de Yuanyang, Yunnan 2013 III, V 1111
46 Ruta da seda: rede viaria das rutas do corredor de Chang'an-Tianshan   Luoyang, Lingbao de Henan; Xi'an, condado de Bin e Chenggu de Shaanxi; Tianshui, Yongjing, Dunhuang e Anxi de Gansu; Turpan, Jimsar e Kuqa de Xinjiang 2014 II, III, IV, VI 1442
47 Gran Canal   Beijing, Tianjin, Hebei, Shandong, Jiangsu, Zhejiang, Anhui e Henan 2014 I, III, IV, VI 1443
48 sitios Tusi   Hunan, Hubei e Guizhou 2015 II, III 1474
49 Paisaxe cultural artística rupestre de Zuojiang Huashan   Guangxi 2016 III, VI 1508
50 Hubei Shennongjia   Hubei 2016 IX, X 1509
51 Qinghai Hoh Xil   Qinghai 2017 VII, X 1540
52 Kulangsu: un asentamento internacional histórico   Xiamen, Fujian 2017 II, IV 1541
53 Fanjingshan   Tongren, Guizhou 2018 X 1559
54 Ruínas arqueolóxicas da cidade de Liangzhu   Hangzhou e condado de Deqing, Zhejiang 2019 III, IV 1592
55 Santuarios de aves migratorios ao longo da costa do Mar Amarelo - Mar de Bohai na China (fase I) Yancheng, Jiangsu 2019 X 1606
56 Quanzhou: Emporio do mundo en Song-Yuan China   Quanzhou, Fujian 2021 IV 1561
57 Paisaxe cultural dos antigos bosques de té da montaña Jingmai en Pu'er   Yunnan 2023 III, V 1665

Lista provisional editar

Aquí están os sitios que a China presentou á lista provisional do Patrimonio Mundial da UNESCO.[5]

Notas editar

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "China". whc.unesco.org. Consultado o 28 de setembro de 2021. 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  5. Centre, UNESCO World Heritage. "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists". whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2019-04-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar