Henan
Henan (en chinés 河南, en pinyin Hénán) é unha provincia da República Popular da China, localizada no centro do país. É o berce da civilización chinesa con 3 000 anos de historia rexistrada, e permaneceu como centro cultural, político e económico ata hai aproximadamente mil anos. Entre os seus tesouros artísticos salientan as ruínas da capital da dinastía Shang, Yin Xu, e o mosteiro Shaolin. Catro das oito capitais históricas chinesas están en Henan: Luoyang, Anyang, Kaifeng e Zhengzhou.
Henan - 河南 | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
Datos | |||||
Capital | Zhengzhou | ||||
País | China | ||||
Linguas | |||||
Poboación (2012) | 94 100 000 hab. | ||||
Superficie | 167 000 km2 | ||||
Densidade | 560 hab/km² | ||||
Subdivisións | 17 prefecturas, 159 condados, 2455 vilas | ||||
Coordenadas | 33°54′N 113°30′L / 33.900, -113.500 | ||||
Maior Altura |
Cunha superficie de 167 000 km2, Henan cobre unha gran parte da fértil e densamente poboada chaira do norte da China. As provincias veciñas son Shanxi, Shaanxi, Shandong, Hebei, Anhui e Hubei. Henan é a terceira provincia por poboación, con 94 millóns de habitantes e mais é a quinta economía provincial e a primeira das provincias do interior, aínda así o seu PIB é baixo comparado con outras provincias orientais e centrais, e Henan está considerada unha das zonas menos desenvolvidas da China, cunha industria tecnolóxica e un sector servizos escasamente desenvolvidos e concentrados arredor de Zhengzhou e Luoyang, cunha economía dependente do aluminio e do carbón, así como da agricultura, a industria pesada, o turismo e o comercio polo miúdo.