Gran Buda de Leshan

Coordenadas: 29°32′50″N 103°46′09″L / 29.54722, -103.76917

O Gran Buda de Leshan (en chinés: 乐山大佛) é unha estatua de pedra de 71 m de alto construída durante a dinastía Tang. Está esculpida no cantil que se atopa na confluencia dos ríos Min, Dadu e Qingyi, ao sur da provincia chinesa de Sichuan, preto da cidade de Leshan.

Paisaxe panorámica do Monte Emei, incluíndo a paisaxe panorámica do Gran Buda de Leshan
Vista da estatua.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País China
Localización29°32′50″N 103°46′09″L / 29.54722, -103.76917
TipoCultural
Criterios(iv, vi, x)
Inscrición1996 (sesión XX)
Rexión da UNESCOAsia e Oceanía
Identificador779

Trátase da meirande estatua de pedra do mundo.[1] Tamén é a maior estatua do mundo que se conserva e que foi construída antes da Idade Moderna. Tanto a paisaxe panorámica do Monte Emei como a paisaxe panorámica do Gran Buda de Leshan foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. UNESCO. "Mount Emei Scenic Area, including Leshan Giant Buddha Scenic Area". Consultado o 7 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar