Patriarcado de Cilicia

(Redirección desde «Patriarca de Cilicia»)

O patriarcado de Cilicia dos armenios (en latín, Patriarchatus Ciliciae Armenorum) é a sé do primado da Igrexa católica armenia, en comuñón co papa. Foi constituído por Bieito XIV o 26 de novembro de 1742 e dende 2021 está ocupado polo patriarca Rafael Pedro XXI .

Modelo:Xeografía políticaPatriarcado de Cilicia
Imaxe

Localización
Mapa
 34°00′N 35°42′L / 34, 35.7
Poboación
Lingua usadalingua árabe Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica armenia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
CatedralSt. Elie and St. Gregory the Illuminator Armenian Catholic Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webarmeniancatholic.org Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A Igrexa apostólica armenia xurdira coa ruptura entre as igrexas cristiás posterior ao concilio de Calcedonia no século V. Isto mantívose así até que en 1195 a igrexa do reino armenio de Cilicia entrou en comuñón coa Igrexa católica, o que durou até a conquista de Cilicia polos mamelucos en 1375.

A unión foi posteriormente restabelecida durante o Concilio de Florencia en 1439, mediante o decreto Exultate Deo do 22 de novembro, pero non tivo ningún efecto práctico até 1740, cando Abraham Bedros Ardzivian, quen previamente se convertera ao catolicismo, foi nomeado Patriarca de Cilicia (ou Sis).

A sé do patriarcado, malia conservar o seu nome, foi movida a Beirut (Líbano), tendo xurisdición sobre os católicos armenios nas provincias meridionais do Imperio Otomán, quedando as setentrionais baixo xurisdición do vigairo apostólico latino de Istambul. Posteriormente, en 1866, a sé patriarcal foi unida á arquieparquía de Istambul, adquirindo o Patriarca xurisdición sobre toda a Igrexa católica armenia. En 1928 a sé patriarcal foi movida novamente a Beirut.

Territorio

editar

O patriarcado ten xurisdición ordinaria sobre todos os fieis católicos armenios sen importar onde vivan. A sé do patriarcado atópase en Bzoummar, no Líbano. A arquieparquía de Beirut é a sé propia do patriarca.

Ademais, dependen directamente do patriarcado de Cilicia os exarcados patriarcais de Damasco e Xerusalén e Amán.

O patriarca de Cilicia é membro de dereito do Consello dos Patriarcas Católicos de Oriente.

Lista de Patriarcas de Cilicia

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar