Abrir o menú principal

Xoán Pedro XVIII Gasparean[1] (en armenio: Յովհաննէս Պետրոս ԺԸ. Գասպարեան, Yovhannēs Petros ŽË. Gasparean), nado o 20 de xaneiro de 1927 no Cairo (Exipto) e finado o 16 de xaneiro de 2011, foi o 18º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 5 de agosto de 1982 até o 28 de novembro de 1998.[2]

Xoán Pedro XVIII Gasparean
Patriarca da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1927 en O Cairo, Exipto
Ordes
Ordenación sacerdotal13 de abril de 1952
Consagración episcopal25 de febreiro de 1973, por Ignacio Pedro XVI Patanean
Patriarca de Cilicia
1982 - 1999
PredecesorHmayeak Pedro XVII Ketikean
SucesorNarsés Pedro XIX Tarmowni
Cargos anterioresArcebispo de Bagdad (1972-1982)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Naceu no Cairo o 20 de xaneiro de 1927.[3] Estudou no seminario de Bzumar (Líbano) rematando os estudos secundarios en 1946. Posteriormente estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana e Dereito canónico na Pontificia Universidade Lateranense, e o 13 de abril de 1952 foi ordenado sacerdote[4] do Instituto do Clero Patriarcal de Bzumar.

O 6 de decembro de 1972 foi nomeado arcebispo de Bagdad, e recibiu a ordenación episcopal o 25 de febreiro de mans do patriarca Ignacio Pedro XVI, tendo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Alepo Georges Layek e ao bispo de Alexandría Raphaël Bayan.

O 5 de agosto de 1982 foi elixido Patriarca de Cilicia, e o 9 de agosto o papa Xoán Paulo II concedeulle a comuñón eclesiástica. Xoán Pedro XVIII falaba varias linguas: armenio, árabe, turco, francés, italiano, español, latín e inglés.[3] Durante o seu pontificado tivo que facer fronte aos novos desafíos e retos orixinados por grandes cambios como o nacionalismo árabe, a guerra civil libanesa, a emigración armenia aos países de Occidente e, especialmente, a independencia de Armenia da URSS e a chegada da liberdade relixiosa ao páis.[3]

Permaneceu no cargo até o seu retiro por problemas de saúde o 28 de novembro de 1998. En 2001 Xoán Paulo II nomeouno membro do Pontificio Consello para a Promoción da Unidade dos Cristiáns e do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso.[5] Finou o 16 de xaneiro de 2011 no Líbano.

NotasEditar

  1. Tamén Kasparian. O seu nome é común tamén sen traducir (Hovhannes Bedros) ou traducido ao francés (Jean Pierre).
  2. Hage, Wolfgang (2007). W. Kohlhammer Verlag, ed. Das orientalische Christentum (en alemán). p. 485. ISBN 9783170176683. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Igrexa Católica Armenia (ed.). "La Biographie de: Ohannès Petros XVIII Kasparian". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2014. 
  4. Radio Vaticana, ed. (19 de xaneiro de 2011). "Հոգեհանգստեան Պատարագ՝ Ի Յիշատակ Յովհաննէս Պետրոս ԺԸ. Գասպարեան Վաստակաւոր Կաթողիկոս-պատրիարքին, Հռոմի Մէջ- Իտալիա։" (en armenio). Consultado o 3 de novembro de 2014. Կուսակրօն քահանայ ձեռնադրուած է 13 Ապրիլ 1952ին։ 
  5. Libreria editrice vaticana, ed. (2001). L'Attività della Santa Sede. p. 29. 

Véxase taménEditar