Arquieparquía católica armenia de Istambul

A arquieparquía de Istambul, tamén chamada arquidiocese de Constantinopla, é unha eparquía que atende aos católicos de rito armenio en Turquía. Foi orixinialmente creada en 1830, e posteriormente unida ao Patriarcado de Cilicia en 1866. En 1928, cando a sé patriarcal foi movida a Beirut, a actual arquieparquía foi restablecida, o 15 de outubro de 1928.[1] O arcebispo actual é Boghos Levon Zekiyan. En 2008 había arredor de 3.650 católicos de rito armenio pertencentes á diocese.

Arquieparquía de Istambul
Archieparchia Constantinopolitanus
Datos xerais
Erixida1830 (erección)
15 de outubro de 1928 (restablecemento)
LocalizaciónTurquía
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

3.450
75 600 000
Parroquias10
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Armenia
IgrexaIgrexa Católica
RitosRito armenio
Xerarquía
PapaFrancisco
Catholicos-Patriarca de CiliciaRafael Pedro XXI
ArquieparcaBoghos Levon Zekiyan (dende 2015)
Outros datos
Sede centralIstambul

Territorio Editar

A arquieparquía ten xurisdición sobre todos os fieis católicos armenios de Turquía. A comunidade católica armenia se concentra especialmente en Istambul, onde viven arredor de 3.000 fieis, herdeiros dunha colonia moito máis numerosa no pasado. Outros grupos máis pequenos existen en Ancara e Mardin.

Episcopoloxio Editar

En 1830 foi erixida a arquieparquía de Constantinopla. Até a unión coa sé patriarcal, os arcebispos foron os seguintes:

En 1866 a sé foi unida ao Patriarcado de Cilicia, dende entón os patriarcas foron os seguintes:

En 1928, o patriarcado foi trasladado a Beirut, e a sé foi restablecida:

Notas Editar

  1. "The Eparchy of Constantinople (Turkey) of the Patriarchal Armenian Catholic Church". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 9 de agosto de 2013.