Hovhannes Cholakian

(Redirixido desde "Hovhannes Tcholakian")

Hovhannes Cholakian (en armenio: Յովհաննէս Չոլաքեան), nado en Constantinopla o 12 de abril de 1919, é un eclesiástico católico armenio de Turquía, arcebispo de Istambul dende 1966 até 2015.

Hovhannes Cholakian
Յովհաննէս Չոլաքեան
Arcebispo da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento12 de abril de 1919 en Constantinopla
Ordes
Ordenación sacerdotal25 de abril de 1943
Consagración episcopal5 de marzo de 1967, por Gregorio Pedro XV Aghachanean
Arcebispo de Istambul
1966 - 2015
PredecesorBoghos Kiredjian
SucesorBoghos Levon Zekiyan
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Naceu o 12 de abril de 1919 en Constantinopla (Imperio Otomán), e o 25 de abril de 1943 foi ordenado sacerdote.

O 23 de maio de 1966 foi elixido arcebispo de Constantinopla, recibindo a consagración de mans do prefecto da Congregación para a Propagación da Fe, Gregorio Pedro XV Aghachanean.

Permaneceu no cargo até que se retirou o 21 de marzo de 2015, con case 96 anos.

ObraEditar

  • L'Église arménienne catholique en Turquie. Istambul: Ohan Matbaacilik. 1998. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Paul Kiredjian
 Arcebispo de Istambul 
1966 - 2015
Sucesor:
Boghos Levon Zekiyan