Poghos Marowshean

Poghos Marowshean[1] (en armenio: Պօղոս Մարուշեան, Pòġos Marowšean (ISO 9985)), nado en Constantinopla o 16 de maio de 1776[2] e finado o 3 de agosto de 1846, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Constantinopla dende 1838 até o seu pasamento.

Poghos Marowshean
Arcebispo da Igrexa católica armenia
Biografía
Pasamento3 de agosto de 1846
Ordes
Consagración episcopal19 de agosto de 1832, por Carlo Maria Pedicini
Arcebispo de Constantinopla
1838 - 1846
PredecesorAnton Nowrichean
SucesorAnton Hasownean
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

O 19 de agosto de 1832 foi nomeado arcebispo coadxutor de Constantinopla e arcebispo titular de Chalcis in Syria.[3][4] Recibiu a consagración episcopal de mans do prefecto da Congregación para a Propagación da Fe Carlo Maria Pedicini,[5] e tendo como co-consagradores principais a Giovanni Giacomo Sinibaldi e a Costantino Patrizi Naro.[6]

O 9 de abril de 1838 sucedeu como arcebispo de Constantinopla a Anton Nowrichean.[2] Tivo como coadxutor a Anton Hasownean.[2] Durante o seu pontificado o seminario arcebispal foi destruído no incendio de 1839.[7] Finou o 3 de agosto de 1846.

NotasEditar

  1. Tamén aparece como Paolo Marusci, Paul Marusci, Paolo Maruscian, Paolo Maruschian e Boghos Maroushian.
  2. 2,0 2,1 2,2 Annuario Pontificio per l'anno M.D.CCC.XLIV. p. 120. 
  3. Hierarchia catholica medii aevi: A Pontificatu Pii PP. IX (1846) usque ad pontificatum Leonis PP. XIII (1903). p. 197. 
  4. Annuario Pontificio per l'anno M.D.CCC.XXXVIII. p. 271. 
  5. "Nouvelles ecclésiastiques". L'Ami de la religion et du roi: journal ecclésiastique, politique et littéraire (A. Le Clère) 73 (1994): 245. 6 de setembro de 1832. Le dimanche 19, M. le cardinal Pedicini, préfet de la propagande,[...] a sacré [...] deux évêques. L'un est un prêtre arménien, Paul Marusci [...] 
  6. "Diario di Roma" (67). 22/08/1832. Pedicini [...], assistito da Monsignor Patrizi Arcivescovo di Filippi [...] e da Monsignor Sinibaldi Arcivescovo di Damiata [...] consecrè [...] il sacerdote armeno Paolo Marusci [...] 
  7. De Gasperis, Attilio; Ferrazza, Roberta (2007). Italiani di Istanbul: figure, comunità e istituzioni dalle riforme alla Repubblica, 1839-1923. Fondazione Giovanni Agnelli. p. 22. ISBN 9788878602090. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Anton Nowrichean
 Arcebispo de Constantinopla 
1838 - 1846
Sucesor:
Anton Hasownean