Gregorio Pedro XX Kaproyean

Gregorio Pedro XX Kaproyean[1] (en armenio: Գրիգոր Պետրոս Ի. Կապրոյեան, Grigor Petros I. Kaproyean (ISO 9985)), nado o 15 de novembro de 1934 en Alepo e finado o 25 de maio de 2021 en Beirut, foi o 20º Catholicos-Patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 24 de xullo de 2015 até o seu pasamento.

Gregorio Pedro XX Kaproyean
Patriarca da Igrexa católica armenia
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1934 en Alepo, República Siria
Pasamento25 de maio de 2021 en Beirut, Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotal28 de marzo de 1959
Consagración episcopal17 de febreiro de 1977
Elixido patriarca24 de xullo de 2015
Catholicos-Patriarca de Cilicia
2015 - 2021
PredecesorNarsés Pedro XIX Tarmowni
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Naceu o 15 de novembro de 1934 na comunidade armenia de Alepo (República Siria).

O 28 de marzo de 1959 foi ordenado sacerdote do Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar.

O 3 de xaneiro de 1977 foi nomeado exarca apostólico de Francia e bispo titular de Amida dos Armenios. Co gallo da elevación da sé ao rango de eparquía, pasou a ser bispo da Santa Cruz de París. Retirouse o 2 de febreiro de 2013.

O 24 de xullo de 2015 foi elixido o 20º patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia.

Finou no cargo o 25 de maio de 2021 na sé do patriarcado en Beirut.[2]

NotasEditar

  1. O seu apelido tamén aparece como Ghabroyan e Gabroyan.
  2. Noun, Fady (26 de maio de 2021). "Armenian Catholicos Krikor Bedros XX has died". The patriarch died yesterday at the age of 87 at the See of the Armenian Catholic Church in Beirut. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Karapet Amatowni
 Exarca apostólico de Francia 
1977 - 1986
Sucesor:
(elevación da sé)
Predecesor:
(elevación da sé)
 Bispo da Santa Cruz de París 
1986 - 2013
Sucesor:
Jean Teyrouz
Predecesor:
Narsés Pedro XIX Tarmowni
 Patriarca de Cilicia 
2015 - 2021
Sucesor:
Rafael Pedro XXI Minasyan