Xacobe Pedro II Yovsepean

Xacobe Pedro II Yovsepean[1] (en armenio: Յակոբ Պետրոս Բ. Յովսէփեան, Yakob Petros B. Yovsēp’ean (ISO 9985)), nado en Alepo c. 1689 e finado o 9 de xuño de 1753, foi o 2º Catholicos-Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 14 de outubro de 1749 até o seu pasamento.[2]

Xacobe Pedro II Yovsepean
Catholicos-Patriarca da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacementoc. 1689 en Alepo, Siria
Pasamento9 de xuño de 1753
Ordes
Ordenación sacerdotal5 de xuño de 1720
Consagración episcopal8 de maio de 1740, por Abraham Pedro I Arçiwean
Elixido patriarca14 de outubro de 1749
Catholicos-Patriarca de Cilicia
1749 - 1753
PredecesorAbraham Pedro I Arçiwean
SucesorMiguel Pedro III Gasparean
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria Editar

Xacobe IV fora un dos seguidores do patriarca Abraham Pedro I, e convenceu ao bispo de Angora Simón da unión coa Igrexa católica.[3] Durante o período de exilio de Arçiwean no Líbano, foi o seu vigairo en Alepo, dirixindo a diocese no seu nome.[4] En 1739 Arçiwean volveu á súa diocese, onde consagrou xunto a dous bispos melquitas tres novos bispos católicos armenios, entre eles o mesmo Yosevpean.[4]

Logo da morte de Lucas I, o 26 de novembro de 1740 Abraham Arçiwean foi elixido catholicos de Cilicia;[3][4] Xacobe sucedeuno como bispo de Alepo, e posteriormente foi elixido el mesmo catholicos de Cilicia.[3] Trasladou a sé patriarcal á localización actual de Bsumar, no Líbano.[3]

Notas Editar

  1. O seu apelido tamén aparece como Hovsepian.
  2. Burgess, Michael (1995). Lords temporal and lords spiritual: a chronological checklist of the popes, patriarchs, katholikoi, and independent archbishops and metropolitans of the autocephalus monarchical churches of the Christian East and West. Borgo Press. p. 99. ISBN 9780893703264. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Vernier, Donat (1891). "Chapitre XIV: Rétablissement du patriarcat catholique en Arménie". Histoire du Patriarcat arménien catholique (en francés). pp. 304–305. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Album commémoratif de la fondation du Couvent N.-D. de Bzoummar. Match Print. 2001. p. 396. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Vernier, Donat (2012). Hachette Livre, ed. Histoire du Patriarcat arménien catholique (Ed.1891). 

Ligazóns externas Editar

Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Abraham Pedro I Arçiwean
 Catholicos-Patriarca de Cilicia 
1749 - 1753
Sucesor:
Miguel Pedro III Gasparean