Papel de Color foi unha revista vangardista iniciada por Álvaro Cunqueiro no ano 1933. Subtitulouse "Oficiña lírica do Leste galego". É unha revista que consta con exemplares distribuídos como agasallo aos seus amigos en forma de tarxetas poéticas que el bautizou con ese nome. Foi impresa nun obradoiro de Ribadeo con follas de distintas cores, nas cales recolle poemas de carácter tradicional de diferentes autores. Segundo Modesto Hermida, estes cartóns de poesía, que tiñan tamén dúas follas de anuncios, nunca editaron máis de 30 ou 40 exemplares, destinados só a agasallar aos amigos do impulsor.

Papel de Color
PaísEspaña
Lingualingua galega
Fundación1933
FundadorÁlvaro Cunqueiro
editar datos en Wikidata ]

Os poemas chegaban por correo sen previo aviso aos amigos e achegados, cun característico sobre azul que xa anunciaba o contido e a identidade do remitente. O primeiro envío de Papel de Color (1933) presentaba un poema do propio Cunqueiro, unha elexía ao poeta Manuel Antonio. O poema de quebrada sintaxe e musicalidade, moi próximo á poética rupturista de Manuel Antonio, e contemporáneo dos poemas recollidos no primeiro poemario de Cunqueiro, Mar ao norde (1932), quedou fóra do cómputo da obra poética do mindoniense, e até onde sabemos, tampouco foi recollida nas últimas antoloxías publicadas con motivo do centenario. Unha segunda elexía a Manuel Antonio aparecida en Papel de Color n.º 4 que si se recollerá no poemario Dona do corpo delgado (1950) co título "Derradeira elexía".

Características editar

Xurdimento editar

En 1933, iniciaba Cunqueiro unha nova empresa literaria, Papel de Color, agora exclusivamente poética. Aquilino Iglesia Alvariño e Bernardino Vidarte (este como ilustrador) eras os seus colaboradores. En Papel de Color debeu incluír, pola súa condición de follas poéticas a cores, Resol, que dende maio de 1932 saía en Santiago de Compostela da man de Arturo Cuadrado e Luís Seoane, amigos de Cunqueiro. De feito este proxectou un n.º 5 (“Papel homenaxe a Resol”) que non apareceu e que foi substituído por outro de “homenaxe a Pondal”.

Autores editar

 
Papel de Color.

Nos cinco números publicados entre 1933 e 1935 figuran textos de Cunqueiro, cunha elexía a Manuel Antonio; Aquilino Iglesia Alvariño e Ricardo Carballo Calero, co poema “Hestoria de Amendoíña segundo Andersen”. Entre os autores foráneos recóllense poemas de Arthur Rimbaud, Stéphane Mallarmé, León-Paul Fargue e Jules Supervielle. A parte gráfica estaba cuberta con viñetas de Bernardo Vidarte. Co número 5 repartiuse tamén un sobre con debuxos de Luís Seoane.

Colaboracións editar

Os colaboradores foron por esta orde: Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño e Ricardo Carballo Calero. No n.º 5 está representado Eduardo Pondal. A rareza desta serie poética e o seu interese xustifican dabondo a súa reprodución facsimilar.

Estrutura editar

A cronoloxía da publicación (1933-35) está fixada unicamente na indicación do sobre azul do n.º 1, en que lemos ao pé dos puntos “No III anal de Manuel Antonio”, que naturalmente, corresponde co ano 1933. No n.º 5, derradeiro da serie, figura “Mondoñedo, Galiza, 1935”. As palabras que dedica a Pondal no n.º 5 son profundas e certeiras. Unha homenaxe que só el, seguindo o procedemento do individualismo, dedicou ao Bardo Bergantiñán (Eduardo Pondal).

Consta Papel de Color dun total de 5 tarxetas de distintas cores, máis o antecitado sobre azul. Cun formato pequeno (11,5 x 17,5 cm) con mínimas variacións agás no caso do n.º 5, que é unha tarxeta dobre e pregada, que se repartiu tamén cun sobre con debuxos de Luís Seoane. De acordo coas declaracións do propio Cunqueiro a Modesto Hermida, tratábase de agasallar aos amigos e de cada número tirábanse 30 ou 40 exemplares saídos da imprenta que en Ribadeo tiña un amigo de Cunqueiro, pero seguramente tamén doutra de Mondoñedo, Sucesor de Mancebo, vinculada con anterioridade a Galiza. Como no caso de Frol de Diversos, que no prego n.º 1 especifica ao pé “fora de venda” foi así mesmo Papel de Color unha publicación non venal.

Descrición fotografías editar

Na revista Galiza, onde se encontra o exemplar Papel de Color, distribuída en 5 poemas, trátanse distintos temas:

O poema n.º 1 aparece con este número no medio, cunha dedicatoria a Manuel Antonio que di: "No III anal de Manuel Antonio"; debido á súa morte hai 3 anos desde a publicación deste poemario. Abaixo á esquerda aparece o editor do poema (Álvaro Cunqueiro). É unha despedida dedicada a Manuel Antonio tras a súa morte.

Na portada do poema n.º 2 observamos un home que está no mar suxeitando a lúa e unha estrela. O título é Noticias do Porto. Escrito por Aquilino Iglesia. Neste poema aparece o número 22 co título A noite. Trata sobre un temporal no mar en que se produce a morte de dous mozos, este suceso serve para avisar a outros rapaces doutro temporal que está a vir. Ao final do poema, aparece un barco na beira do mar e unha flor a carón do barco.

A portada do poema n.º 3, titulado Hestoria de Amendoíña segundo Andersen, leva o nome de Ricardo Carballo Calero. Arriba do título aparece un fieito. A seguir, encontramos o poema que continúa na parte de atrás, dedicado a unha muller á cal se lle aconsella que fuxa dun amor non correspondido e que se case cun bo mozo. Ao final, aparece o debuxo dunha especie de canoa con dúas persoas dentro.

No poema n.º 4 aparece a estrela da rosa dos ventos. A continuación, aparece o nome de Manuel Antonio e di "fai cinco anos que se finou", é dicir, fai unha segunda elexía a Manuel Antonio. O poema trata sobre a presenza de Manuel Antonio na memoria durante a eternidade. Temos ao final o debuxo dun peixe.

No último poema, o n.º 5, hai un debuxo á dereita que parece ser unha tumba. Debaixo do debuxo temos unha pequena biografía de Eduardo Pondal. Á dereita temos o poema e a súa sinatura ao final. Trata sobre a súa morte. Por detrás, temos outro poema que explica que a morte de Pondal foi tráxica e ao mesmo tempo, fai unha loanza á súa poesía. Como debuxos ten animais, persoas e mar; que fan referencia aos temas principais que trataba Pondal nas súas obras.

Datos de interese editar

 
Papel de Color, 4º poema.

En Papel de Color debeu incluír, pola súa condición de follas poéticas a cores, Resol, que dende maio de 1932 saía en Santiago de Compostela da man de Arturo Cuadrado e Luís Seoane, amigos de Cunqueiro. De feito, este proxectou un n.º 5 (“Papel homenaxe a Resol”) que non apareceu e que foi substituído por outro de “homenaxe a Pondal”.

O semanario ourensán Heraldo de Galicia dedicoulle a esta revista dous artigos, publicados o 4 e o 18 de febreiro de 1935, con motivo da saída do número 5, de homenaxe a Pondal. Nun artigo de Xohán Luís Ramos pónse de relevo o carácter pouco vangardista destas follas, que miran máis cara á tradición que cara á ruptura:

“Son finas y puras tradiciones literarias las que recoge este gesto del poeta de la Cantiga nova. Amanecen días de retorno a muchas cosas que fueron y de retorno a este sentido escogido, íntimo y de amigo en la poesía. De nada estamos hoy más lejos que de aquellos manifiestos, proclamas y partidos en cosas de poesía de los años, aún cercanos, de la postguerra. De aquel ser de la poesía para la masa, como lector y como estilo. Sustantivamente agresiva entonces como ahora es entrañablemente amante y amable”

Galiza (Mondoñedo) editar

Artigo principal: Galiza (Mondoñedo).

Esta é unha edición facsimilar que inclúe Papel de Color e Frol de Diversos.

"A nosa gratitude a don César Cunqueiro, que concedeu o permiso legal necesaria para facer esta edición da publicación que dirixiu o seu pai, don Álvaro Cunqueiro. Tamén a Claudio Rodríguez Fer e á fundación Fermín Penzol que fixeron posible a presentación do material poético de Papel de Color e Frol de Diversos"

Frol de Diversos editar

No ano 1935 finaliza a andaina de Papel de Color e comeza a de Frol de Diversos. Iniciativas irmás de Papel de Color foron os tarxetóns poéticos Frol de Diversos, tamén impulsados por Cunqueiro desde Mondoñedo, dos cales se conservan 3 en diferentes cores, con debuxos de Vidarte, e unha tradución das Profecías de Roger Bacon. Na mesma liña, en Vilagarcía, o poeta Aquilino Iglesia Alvariño, co apoio do grupo galeguista desa vila, editou 2 números de Impresos Sentimentais, con textos elexíacos do propio Aquilino, adicados a Antón Vilar Ponte, Manuel Antonio e Amado Carballo, e outros semellantes de Cunqueiro e Rosalía de Castro, Heinrich Heine e ao poeta portugués Antonio Nobre.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar