Galiza (Mondoñedo)
Galiza foi unha revista editada en Mondoñedo entre 1930 e 1932.
Galiza | |
---|---|
![]() | |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e característicasEditar
Apareceu o 25 de xullo de 1930 como unha revista cultural e estaba dirixida por Álvaro Cunqueiro. Só editou cinco números e contiña artigos políticos de esquerda e nacionalista e culturais. Entre os seus colaboradores estaban Francisco Fernández del Riego, Raimundo Aguiar Álvarez e Salvador de Madariaga. Publicou as notas inéditas "Nacionalismo e socialismo" de Xohán Vicente Viqueira. Entre os colaboradores literarios estaban Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Villar Ponte; poemas galegos de Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza-Brey, Carballo Calero, Blanco Amor, Otero Espasandín e Eugenio Montes; e os casteláns "Brazos vacíos", de José Ramón Santeiro, e "Despedida a Manuel Antonio", de Xulio Sigüenza. Cesou a súa edición en 1932.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Alonso Girgado, L. (int.); Rodrigues, A.; Eguizábal Gándara, B. (1999). Galiza (Mondoñedo 1930-1933). Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2402-0.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Edicións do Castro. ISBN 84-7492-489-8.