Bernardino Vidarte

ilustrador, caricaturista e debuxante galego

Bernardino Vidarte Rivas, nado en Buenos Aires o 18 de setembro de 1910 e finado en Mondoñedo o 16 de abril de 1981, foi un ilustrador, caricaturista e debuxante galego.

Infotaula de personaBernardino Vidarte
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 1981 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador , debuxante , caricaturista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con sete anos instalouse en Mondoñedo. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios de Mondoñedo, e directivo da Sociedade Deportiva de Mondoñedo.[1] Colaborou en Papel de Color, El Progreso, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Céltiga e Nós. Fixo caricaturas de Eduardo Lence-Santar e Álvaro Cunqueiro, e retratos de Pascual Veiga, Manuel Leiras Pulpeiro e Antonio Noriega Varela. Ilustrou a cuberta e contracuberta de De catro a catro de Manuel Antonio, a portada do poemario Fala d'as musas de Daniel Pernas Nieto,[2] os poemas de Rimbaud, Iglesia Alvariño e Cunqueiro en Frol de Diversos e colaborou no primeiro número de Universitarios. Revista de la F.U.E.. Fixo os carteis dos maios mindonienses de 1934, pero a súa obra máis coñecida é o cartel que pedía o SI para o Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, unha estrela de cinco puntas proxectando os seus raios candentes sobre unha cadea opresora co texto “Votar o estatuto é votar porque nos gobernemos con leises galegas. Naide sabe do noso máis que nós”.

Notas editar

  1. Alborada, 22-12-1935, p. 12.
  2. Requeixo, Armando (2014). "Estudo introdutorio". Daniel Pernas: Fala das Musas e outros poemas (PDF). Xunta de Galicia. pp. 21–22. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar