Paco Casal

empresario uruguaio

Francisco "Paco" Casal, nado en São Paulo o 7 de agosto de 1954, é un empresario uruguaio, de ascendencia galega, vencellado ao mundo do fútbol. Tras unha discreta carreira como futbolista, gañou fama na representación de xogadores, chegando a ser un dos maiores representantes de toda América do Sur e unha das figuras máis influentes do fútbol uruguaio.[1][2] É propietario da empresa Tenfield e da canle de televisión GolTV.[1]

Paco Casal
Información persoal
Nome Francisco Casal
Nacemento 7 de agosto de 1954
Lugar de nacemento Montevideo
Posición Lateral dereito
Carreira xuvenil
1964–1974 Defensor Sporting
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1974–1975 Defensor Sporting 14
1975–1977 Atlético de Madrid 0 (0)
1976–1977 Racing de Santander
1978–1979 Nacional 0 (0)
1980 Vasco da Gama 0 (0)
1981 Fénix
Na rede
http://www.paco-casal.com/
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu na cidade brasileira de São Paulo, sendo fillo de emigrantes galegos.[3] Con sete meses a súa familia instalouse en Montevideo, onde seu pai traballou como almaceneiro.[3]

Como futbolista editar

Formouse na canteira do Defensor e foi recolledor de balóns no estadio Centenario,[4] onde realizou os seus primeiros negocios no fútbol sendo aínda un neno. Nunha final da Copa Libertadores entre o Estudiantes e o Palmeiras, aceptou diñeiro de Carlos Bilardo para atrasar a reposición dos balóns que saían fóra se o equipo arxentino ía gañando.[3] Máis tarde, despois dun partido entre Peñarol e Santos, conseguiu un autógrafo de Pelé e replicou a sinatura da estrela brasileira para vender medio cento de copias como se fosen a verdadeira.[3]

Chegou ao primeiro equipo de Defensor, co que debutou na Primeira División.[5] Disputou só catorce partidos co primeiro equipo, e en xuño de 1975, con 19 anos, foi traspasado ao Atlético Madrid,[6] co que non chegou a debutar en partido oficial, sendo cedido ao Racing de Santander.

A continuación regresou ao Uruguai, fichando polo Nacional de Montevideo, co que tampouco chegou a xogar oficialmente.[7] Pasou logo polo Vasco da Gama do Brasil, onde tampouco xogou, e polo Fénix da capital uruguaia, antes de poñer fin á súa carreira en 1981.[8][7]

Empresario editar

En 1980, militando aínda no Vasco da Gama, tivo a oportunidade de negociar o pase do seu amigo Juan Ramón Carrasco.[9] Posteriormente vendeu a Rodolfo Rodríguez aos Santos do Brasil, comezando da súa carreira como representante de xogadores de fútbol.[10]

A fins da década do oitenta negociou xa os traspasos de importantes xogadores como Carlos “Pato” Aguilera, Antonio Alzamendi, Rubén Sosa, Enzo Francescoli, Hugo De León ou Nelson Gutiérrez, e nas seguintes décadas fixo o mesmo con futbolistas como Sebastián Abreu, "Manteca" Martínez, Fabián Canobbio, Álvaro Recoba, Gastón Pereiro ou Cristian Rodríguez.[11]

Dereitos televisivos editar

En 1998 co obxectivo de competir polos dereitos televisivos do fútbol uruguaio, creou xunto cos seus exrepresentados Enzo Francescoli e Nelson Gutiérrez a empresa Tenfield.[12] Deste xeito realizou a súa primeira incursión na industria do entretemento, xerando un cambio no mundo do fútbol uruguaio e unha nova fonte de ingresos para os clubs do país.[2]

Tamén obtivo os dereitos da selección uruguaia por medio dun precontrato asinado pola Asociación Uruguaia de Fútbol, a mercadotecnia (incluíndo indumentaria), e mesmo participou da organización de amigables da selección celeste.[13] A partir de 1999, a canle VTV de Tenfield empezou a transmitir os encontros de cada xornada do fútbol uruguaio e os partidos de eliminatoria.[14][15]

GolTV editar

En 2002 fundou GolTV, unha canle concibida para transmitir programas e eventos de fútbol a nivel local.[2] Con todo, dende 2005 a cadea expandiuse por Latinoamérica e conseguiu os dereitos para transmitir numerosos eventos.[2]

En 2013 GolTV comprou os dereitos do fútbol peruano, explotándoos nun consorcio coa multinacional española Telefónica.[16] Tres anos despois fixo o mesmo en Venezuela e en 2017, tamén accedeu á televisación do fútbol ecuatoriano.[17] Desta forma constituíuse na primeira empresa de medios do Uruguai con presenza en varios países de América.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sans 2008, p. 166.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Francisco Casal: el dueño de la pelota" (en castelán). 30 de decembro de 2016. Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Barraza, Jorge (6 de xuño de 1994). "Francisco Casal, de Galicia y bien astuto" (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2023. 
  4. Francisco Casal: el dueño de la pelota Diario El Observador. Consultado el 7 de abril de 2021.
  5. "Paco Casal y su aporte al fútbol" (en castelán). 4 de outubro de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  6. "Casal, otro «oriundo» para el At. Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xuño de 1975. p. 46. 
  7. 7,0 7,1 "Justicia embargó al empresario 'Paco Casal' por presunto impago de impuestos" (en castelán). 3 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  8. "Cuando Paco era jugador" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  9. La amistad de Paco con Carrasco Diario digital LARED21. Consultado o 7 de abril de 2021.
  10. "La amistad de Paco con Carrasco" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  11. "11 grandes jugadores CONMEBOL representados por Paco Casal". paco-casal.com (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  12. Albornoz 2000, p. 129.
  13. "Los goles de Paco. Cien %." (en castelán) 2 (21-22). Editor Innomedia. 1998: 53. 
  14. Barreiro & Stolovich 2004, p. 144.
  15. "Cruzando el charco". Revista Veintitrés (en castelán) (Comunicación Grupo Tres) (28-36). 1999. 
  16. Pautasio, Leticia. "Cableoperadores peruanos se enfrentan a GolTV y Telefónica por derechos de fútbol" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  17. Viola, Daniel Roberto (28 de marzo de 2018). "Los clubes ecuatorianos eligieron al canal de "Paco" Casal para televisar el fútbol" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar