Gastón Pereiro

futbolista uruguaio

Gastón Rodrigo Pereiro López, nado en Montevideo o 11 de xuño de 1995, é un futbolista uruguaio, de orixe galega. Xoga como centrocampista no Cagliari Calcio da Serie A italiana.[1]

Gastón Pereiro
Información persoal
Nome Gastón Rodrigo Pereiro López
Nacemento 11 de xuño de 1995
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,88 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
–2008 Racing Club
2008–2013 Nacional
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Nacional 39 (11)
2015–2020 PSV Eindhoven 118 (44)
2020– Cagliari Calcio 24 (3)
Selección nacional
2012–2015 Uruguai sub-20 21 (8)
2017– Uruguai 10 (4)
Na rede
Facebook: estoesnacional Twitter: GastonPereiro Instagram: gastonpereiroo FIFA: 386311 UEFA: 250086340 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de maio de 2021
Selección: actualizado a 23 de maio de 2021.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu na capital uruguaia e ten raíces galegas, pois seu avó paterno é da parroquia cercedense de Rodís.[2]

Formouse na canteira de Nacional e debutou oficialmente co primeiro equipo o 28 de xaneiro de 2014 na cidade boliviana de Santa Cruz de la Sierra, na derrota por 1-0 contra o Oriente Petrolero, na Copa Libertadores. O adestrador Gerardo Pelusso deulle entrada no minuto 63 para substituír a Carlos de Pena.[3] Catro días despois, marcou o seu primeiro gol, na vitoria por 2-0 sobre Racing no Estadio Centenario.

O 2 de xullo de 2015 fíxose oficial a súa chegada ao PSV Eindhoven por 7 millóns de euros. O club neerlandés comprou o 80% do seu pase e foi presentado oficialmente o 15 de xullo. O seu debut oficial tivo lugar na Supercopa dos Países Baixos contra o FC Groningen, un partido no que o PSV gañou o trofeo tras unha vitoria por 3-0. Na Eredivisie debutou contra o ADO Den Haag, entrando aos 80 minutos de xogo. Xogou por primeira vez como titular ante o Ajax, partido no que o PSV venceu por 2-1 con dous goles de Pereiro. Marcou o seu primeiro triplete na Copa dos Países Baixos, no que o seu equipo derrotou por 6-0 ao SC Genemuiden.

Nas súas catro tempadas e media no equipo neerlandés, conquistou dúas ligas e dúas Supercopas, e disputou tres edicións da Liga de Campións, na que debutou o 30 de setembro de 2015, nun encontro fronte ao CSKA de Moscova no Arena Khimki.

O 31 de xaneiro de 2020, foi traspasado ao Cagliari onde asinou un contrato ata xuño de 2024.[4] No club italiano comparte equipo cos tamén uruguaios Nahitan Nández e Christian Oliva.

O 1 de marzo de 2020 marcou o seu primeiro gol no club italiano, nunha derrota por 3-4 contra a Roma.

Selección nacional editar

Categorías inferiores editar

Foi preseleccionado coa selección uruguaia sub-20 o Mundial Sub-20 de 2013, cando tiña 17 anos, aínda que finalmente non entrou no cadro de xogadores final.[5] En 2014 gañou un Cuadrangular Internacional Sub-20 disputado en Asunción en preparación para o Campionato Suramericano Sub-20.

O 3 de xaneiro de 2015 foi seleccionado para defender ao Uruguai no Campionato Suramericano Sub-20,[6] no que o equipo rematou na terceira posición. Pereiro foi o segundo máximo goleador do torneo e o máximo goleador do Uruguai con cinco goles en oito partidos.[7]

O 14 de maio foi incluído na lista de 21 futbolistas uruguaios que participarían no Mundial sub-20 de Nova Celandia.[8] Anotou o gol da vitoria no primeiro partido contra Serbia, que rematou 1-0.[9]

Selección absoluta editar

O 23 de agosto de 2017 foi convocado pola selección uruguaia absoluta para dous encontros de clasificación de cara ao Mundial de Rusia 2018, contra as seleccións da Arxentina e Paraguai. Debutou nun amigable contra Polonia en Varsovia o 10 de novembro de 2017.

Notas editar

  1. "Ficha en footballdatabase". footballdatabase.eu. Consultado o 5 de marzo de 2013. 
  2. Vilar Landeira, Ramón. "Tacos de aluminio". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  3. "Nacional sufrió un resbalón" (en castelán). 28 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  4. "Gastón Pereiro deja el PSV Eindhoven y ficha por el Cagliari hasta 2024". La Vanguardia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  5. "Son el orgullo Nacional" (en castelán). 3 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  6. "Plantel sub-20 confirmado". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  7. "Simeone estuvo imparable" (en castelán). 8 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  8. "Plantel para el Mundial Sub-20". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). 14 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  9. "Un debut enorme, como Guruceaga" (en castelán). 31 de maio de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar