Abrir o menú principal

Ernesto Fabián Canobbio

futbolista uruguaio

Nestor Fabián Canobbio Bentaberry, nado en Montevideo o 8 de marzo de 1980, é un futbolista uruguaio. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é e Larissa FC.

Canobbio
Información persoal
Nome completo Nestor Fabián Canobbio Bentaberry
Nacemento 8 de marzo de 1980
  Montevideo
Nacionalidade Uruguai
Altura 1,82
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Celta de Vigo

BiografíaEditar

Comezou a xogar no Club Atlético Progreso en Uruguai, participando no mundial sub-20 de 1999 e logo co CA Peñarol. No verán de 2003 fichou polo Valencia de Rafa Benitez, contra os desexos do adestrador que se refiriu a el con Pido unha cadeira e tráenme unha lámpada, polo que non chegou a ter continuidade.

Co cambio de adestrador en 2004 coa chegada de Claudio Ranieri a situación non cambia polo que se lle busca un equipo para que poida disputar minutos, así chega ao Celta de Vigo, en Segunda División, en calidade de cedido con opción de compra. Nesta tempada o equipo acada o ascenso a Primeira, sendo Canobbio e Jandro os máximos anotadores do equipo con 12 tantos cada un. Ao rematar a tempada o Celta exerce a opción de compra do xogador por un millón de euros.

No ano de regreso do Celta á máxima categoría o equipo clasifícase para disputar a Copa da UEFA, sendo o segundo máximo goleador do equipo con 8 tantos, por detrás de Fernando Baiano con 13. Porén o ano de debut europeo sería tamén o ano do descenso do equipo outra vez a Segunda.

Na tempada 2007/08 non se acada o obxectivo de ascender e Canobbio deixa o club e ficha polo Real Valladolid, onde militou dous anos cun rendemento irregular.

No verán de 2010 ficha polo AE Larisa e en 2011 polo CA Fénix. En 2012 volve ao equipo onde comezou, o CA Progreso, porén a comezos de 2013 volve a cambiar de equipo ao irse ao Danubio Fútbol Club.

Selección nacionalEditar

Foi internacional coa Selección de fútbol de Uruguai en oito ocasións.

TraxectoriaEditar

Club Categoría Ano Partidos Goles
Club Atlético Progreso Segunda División 1997
Club Atlético Progreso Segunda División 1997
Club Atlético Progreso Segunda División 1998
Club Atlético Progreso Segunda División 1999
Club Atlético Progreso Segunda División 2000
CA Peñarol Primeira División 2001 36 7
CA Peñarol Primeira División 2002 42 18
CA Peñarol Primeira División 2003 12 2
Valencia Club de Fútbol Primeira División 2003/2004 10 1
Celta de Vigo Segunda División 2004/2005 38 12
Celta de Vigo Primeira División 2005/2006 32 8
Celta de Vigo Primeira División 2006/2007 34 2
Celta de Vigo Segunda División 2007/2008 27 7
Real Valladolid Primeira División 2008/2009 29 4
Real Valladolid Primeira División 2009/2010 24 1
AE Larisa Primeira División de Grecia 2010/2011
CA Fénix Primeira división de Uruguai 2011
CA Progreso Primeira división de Uruguai 2012
Danubio FC Primeira división de Uruguai 2013

PalmarésEditar

Campionatos nacionaisEditar

Título Club País Año
Liga española Valencia Club de Fútbol España 2004

Copas internacionaisEditar

Título Equipo (*) País Año
Copa UEFA Valencia Club de Fútbol Suecia 2004

(*) Incluíndo a Selección