Rafael Benítez
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Rafael Benítez Maudes, nado en Madrid o 16 de abril de 1960, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa. Na tempada 2023-2024 asinou como adestrador do Real Club Celta de Vigo.
Rafa Benítez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rafael Benítez Maudes | ||
Nacemento | 16 de abril de 1960 (63 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1974–1981 | Castilla | 247 | (7) |
1981 | → Guardamar (cedido) | ||
1981–1985 | Parla | 124 | (8) |
1985–1986 | Linares | 34 | (7) |
Total | 405 | (22) | |
Adestrador | |||
1994–1995 | Real Madrid B | ||
1995–1996 | Valladolid | ||
1996–1997 | Osasuna | ||
1997–1999 | Extremadura | ||
2000–2001 | Tenerife | ||
2001–2004 | Valencia | ||
2004–2010 | Liverpool | ||
2010 | Inter de Milán | ||
2012–2013 | Chelsea | ||
2013–2015 | Napoli | ||
2015–2016 | Real Madrid | ||
2016–2019 | Newcastle United | ||
2019–2021 | Dalian Professional | ||
2021–2022 | Everton | ||
2023–2024 | Celta | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Entre 1974 e 1986 desempeñouse como centrocampista en equipos menores, entre eles o Real Madrid Castilla, e tras a súa retirada incorporouse ao Real Madrid como adestrador da canteira. En 1995 desvinculouse da entidade madrileña para adestrar ao Real Valladolid (1995-1996) e posteriormente ao Osasuna (1996-97).
Logo de dous anos en Valladolid e Pamplona, ascendeu ao Extremadura a Primeira División, aínda que un ano despois o equipo descendería de novo. En 1999 abandonou o club estremeño e, un ano máis tarde, empezou a adestrar ao Tenerife, co que alcanzaría un novo ascenso a Primeira.
En 2001 o Valencia contratou ao adestrador madrileño, que gañou a Liga na tempada 2001-02. En 2004 os valencianistas obtiveron unha Copa da UEFA e outro campionato de liga.
Entre 2004 e 2010 foi o adestrador do Liverpool, co que obtivo a Liga de Campións 2004-05. Con el no banco os reds venceron na FA Cup (2006) e caeron derrotados na final da Liga de Campións 2006-07.
En xuño de 2010 ficha polo Inter de Milán. Tras 17 xornadas na Liga italiana (co club no sétimo posto da clasificación), en oitavos de final da Liga de Campións e recentemente conseguido o título da Copa Mundial de Clubs da FIFA, o 23 de decembro de 2010 fíxose oficial a súa destitución logo de numerosos rumores colocándoo fóra do club.
R. C. Celta de Vigo editar
O 23 de xuño de 2023, fichou polo Real Club Celta de Vigo para as vindeiras 3 temporadas. En marzo de 2024, despois de se celebraren 28 partidos nos que só conseguiu 24 puntos (5 vitorias. 9 empates e 14 derrotas),[1] 2 por riba do descenso, tras caer 4-0 fronte ao Real Madrid, a directiva decidiu cesalo[2][3] malia ter que negociar o finiquito do contrato que ascendía a 9 millóns de euros.[4]
Palmarés editar
Xogador editar
- Parla
- Terceira División: 1981–82
Adestrador editar
- Valencia
- Primeira División: 2001–02, 2003–04
- Copa da UEFA: 2003–04
- Liverpool
- FA Cup: 2005–06
- FA Community Shield: 2006
- UEFA Champions League: 2004–05
- Supercopa de Europa: 2005
- Internazionale
- Supercoppa Italiana: 2010
- Copa Mundial de Clubs da FIFA: 2010
- Chelsea
- Napoli
- Coppa Italia: 2013–14
- Supercoppa Italiana: 2014
Persoal editar
- Premio Don Balón: 2002
- Adestrador do ano da UEFA: 2003–04, 2004–05
- Adestrador do Mes da Premier League: novembro de 2005, decembro de 2005, xaneiro de 2007, outubro de 2008, marzo de 2009, abril de 2013
Notas editar
- ↑ Fuentes, Fran (12 de marzo de 2024). "Rafa Benítez, destituido como entrenador del Celta de Vigo". eldesmarque.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ Redacción (12 de marzo de 2024). "El Celta despide a Rafa Benítez, y nombra al técnico del filial para reemplazarle". rtve.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ Fuentes, Fran (12 de marzo de 2024). "Rafa Benítez, destituido como entrenador del Celta de Vigo". eldesmarque.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ Valero, Rafa (12 de marzo de 2024). "Rafa Benítez, destituido como entrenador del Celta; Giráldez se hará cargo del primer equipo". marca.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024.