Sergio Daniel Martínez

futbolista uruguaio

Sergio Daniel "Manteca" Martínez Alzuri, nado en Montevideo o 15 de febreiro de 1969, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba de dianteiro e especialmente relevante foi a súa estadía no Boca Juniors, onde foi ídolo e marcou 87 goles. Foi internacional coa selección uruguaia.

Sergio Martínez
Información persoal
Nome Sergio Daniel Martínez Alzuri
Nacemento 15 de febreiro de 1969 (55 anos)
Lugar de nacemento Montevideo e Barcelona
Altura 1,72 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1986–1990 Defensor 29 (16)
1991–1992 Peñarol 37 (12)
1992–1997 Boca Juniors 137 (80)
1997–1999 Deportivo da Coruña 3 (0)
2000–2001 Nacional 40 (19)
Selección nacional
1988–1997 Uruguai 35 (5)
Na rede
http://www.mantecamartinez.com
FIFA: 174736 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou no Defensor Sporting do Uruguai o 16 de outubro de 1986 contra o Central Español (1–1). Neste club foi onde tamén onde se formou nas categorías inferiores e actuou como profesional durante catro anos (1986-1990). A continuación pasou ao CA Peñarol, tamén do Uruguai, onde marcou 20 tantos, até que chegou a Boca Juniors (Arxentina) en 1992, onde anotou 87 goles (sétimo goleador na historia do club) e se consagrou campión nun campionato local e unha Copa Suramericana. Continuou a súa carreira en España xogando para o Deportivo da Coruña desde 1998. Até que pasou ao Nacional de Montevideo no 2000, onde xogou até o seu retiro profesional en 2001, gañando os títulos de Primeira División en ambas tempadas.

Selección nacional editar

Martínez xogou 35 partidos coa Selección uruguaia e marcou 5 goles.[1] Foi campión da Copa América en 1995 en cuxa final marcou o gol decisivo na definición por penaltis fronte ó Brasil. Tamén participou na Copa do Mundo de Italia 90.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar