Otto Stuppacher
Otto Stuppacher, nado en Viena o 3 de marzo de 1947 e finado na mesma cidade o 13 de agosto de 2001,[1] foi un piloto de competición austríaco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1947 Viena, Austria |
Morte | 13 de agosto de 2001 (54 anos) Viena, Austria |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarCompetiu en subidas de montaña e carreiras de coches deportivos antes de entrar na Fórmula 1 en 1976, cun Tyrrell 007. Negóuselle a participación no Gran Premio de Austria de 1976, xunto ao seu compañeiro de equipo Karl Oppitzhauser, malia tratar de propoñer unha petición dos outros equipos. No Gran Premio de Italia de 1976 non puido cualificar por unha marxe considerable, pero posteriormente foi promocionado na cualificación cando outros tres coches foron eliminados debido a irregularidades no combustible. Desafortunadamente, Stuppacher xa marchara do circuíto e volvera a casa, e non puido regresar ao circuíto a tempo para correr. Os tres corredores degradados foron finalmente re-admitidos logo da retirada de Stuppacher e Arturo Merzario.
Stuppacher non puido cualificarse nos seus outros dous intentos en 1976, o Gran Premio do Canadá de 1976 e o Gran Premio dos Estados Unidos de 1976, este último a máis de 27 segundos do tempo do pole James Hunt. Ata a data, esta diferenza entre a pole position e o tempo máis lento durante a cualificación nunha carreira oficial de Fórmula Un é unha marcaque aínda se mantén hoxe.[Cómpre referencia]
Non está claro canto en cantas carreiras competiu Stuppacher logo de 1976, e sábese moi pouco del ata que foi atopado morto no seu apartamento de Viena en 2001.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | ÖASC Racing Team | Tyrrell 007 | Cosworth V8 | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA NTS |
CAN NSC |
USA NSC |
XPN | NC | 0 |
Fonte:[2]
|
Notas
editar- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 414. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Otto Stuppacher |